Ribadeo, 10 de xuño, 2024. O último luns de maio, o alumnado do Club de Ciencia do IES Ribadeo Dionisio Gamallo xunto co profesorado implicado: Andrés Rodríguez, Javier Rodríguez, Noelia González e Susi Besteiro, xuntáronse coma sempre no recreo de mediodía pero esta vez non era para facer experimentos senón para celebrar o final do Club de Ciencia por este curso.
Tocaba ademáis, facer balance. Realmente, amosando satisfacción da marcha do club xa que case 30 alumnos e alumnas participaron voluntariamente durante todo o curso. Aínda que as primeiras sesións foron conxuntas e dedicadas á tan de moda Intelixencia Artificial, logo houbo que facer separación por niveis. O alumnado que cursou 1º ESO, foi descubrindo cada luns experimentos sinxelos: dende xogar con palillos máxicos, xeo seco ou fluídos non newtonianos ata construír visores de hologramas, lámpadas de lava e facer figuras de tensegridade caseira con paus de xeado e gomas elásticas.
O alumnado de 2º e 3º ESO, case todos participantes no club dende o curso pasado, estiveron fundamentalmente dedicados a preparar a súa participación nas Olimpíadas da Escola de Enxeñería de Camiños da Coruña e da Universidade de Telecomunicacións de Vigo. Para estas últimas tiveron que elaborar un par de proxectos que trataran de “Resolver retos de la sociedad” e así xurdiron o Bastón con entonación, para persoas invidentes e o Despertador lumínico.
Estes proxectos xunto con outros elaborados nas materias de Proxecto Competencial e de Tecnoloxía, coma por exemplo O tren magnético, As gafas de realidade virtual, As mesas flotantes ou as Maquetas da Circulación sanguínea humana e das Nefronas, foron presentados no Día da Ciencia na Rúa 2024 onde recibiron o Premio Javier Novelle “pola magnífica selección de traballos presentados”. Agora tan só queda amosalos na propia casa e iso terá lugar na XXIX Feira da Ciencia que se celebrará os días 13 e 14 de xuño de 9:30 a 13:10.
No IES Ribadeo seguen apostando por achegar a ciencia ó alumnado e pensando que todas estas actividades son unha boa forma de fomentar as vocacións STEM orientadas ao ámbito científico-tecnolóxico así como de estimular o espíritu científico entre as alumnas e alumnos.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.


