Xove, 12 de xuño, 2024. Na mañá deste pasado luns, 10 de xuño, tivo lugar no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove a entrega de premios do Concurso Literario e de Artes Plásticas do Día Das Letras Galegas dedicado neste 2024 a Luisa Villalta Gómez e que cada ano organiza a concellería de cultura do Concello de Xove.
Na entrega participaron o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, que agradeceron a todas e a todos a sua participación e a colaboración dos centros educativos de Xove: o CEIP Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón.
Tamén destacaron o difícil labor do xurado recoñecendo o seu traballo e felicitaron a todos os premiados.
Relación dos premiados
NO CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN:
4º EDUCACIÓN INFANTIL:
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO: XARE GONZÁLEZ CELAYA
5º EDUCACIÓN INFANTIL:
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO: MARÍA GARCÍA VAL
6º EDUCACIÓN INFANTIL:
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO: CARMELA MÍGUEZ VARELA
1º EDUCACIÓN PRIMARIA:
CONCURSO LITERARIO:
1º PREMIO: VALERIA VILASA POSADA
ARTES PLÁSTICAS:
1º PREMIO: JIMENA PALEO ENRÍQUEZ
2º PREMIO: VALERIA VILASA POSADA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA:
ARTES PLÁSTICAS:
1º PREMIO: ALMA RODRÍGUEZ FRA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA:
CONCURSO LITERARIO:
1º PREMIO: PABLO GRACÍA VAL
2º PREMIO: JESÚS LÓPEZ FRANCO
3º PREMIO: MARTINA MARIÑO FERRERÍA
ARTES PLÁSTICAS:
1º PREMIO: MARTINA MARIÑO FERRERÍA
2º PREMIO: JESÚS LÓPEZ FRANCO
3º PREMIO: PABLO GARCÍA VAL / LEILA ALCALDE FERNÁNDEZ
4º EDUCACIÓN PRIMARIA:
CONCURSO LITERARIO:
1º PREMIO: EVA CANCELA TRASTOY
2º PREMIO: ALBA MASEDA FRANCO
ARTES PLÁSTICAS:
1º PREMIO: ALBA MASEDA FRANCO.
2º PREMIO: EVA CANCELA TRASTOY
3º PREMIO: EMMA MÍGUEZ VARELA
6º EDUCACIÓN PRIMARIA:
CONCURSO LITERARIO:
1º PREMIO: ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ
2º PREMIO: PAULA PÉREZ TEIJEIRA
ARTES PLÁSTICAS:
1º PREMIO: PAULA PÉREZ TEIJEIRA
2º PREMIO: ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA
3º PREMIO: ÁLVARO GARCÍA CASABELLA
NO IES ILLA DE SARÓN:
1º E.S.O.:
CONCURSO LITERARIO:
1º PREMIO: MARCOS MARIÑO FERRERÍA
ARTES PLÁSTICAS:
1º PREMIO: MARCOS MARIÑO FERRERÍA
3º E.S.O.:
CONCURSO LITERARIO:
1º PREMIO: CARLA CASABELLA PUÑAL
ARTES PLÁSTICAS:
1º PREMIO: CARLA CASABELLA PUÑAL
4º E.S.O.:
CONCURSO LITERARIO:
1º PREMIO: SALIHA EL OMARI
2º PREMIO: IAGO LOSADA FERNÁNDEZ
3º PREMIO: DANIEL LUIS CASABELLA FERNÁNDEZ
ARTES PLÁSTICAS:
1º PREMIO: SALIHA EL OMARI
2º PREMIO: IAGO RIVAS BALSA
3º PREMIO: DANIEL FELIPE GARNICA DÍAZ























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



