Grazas a este servizo a institución provincial garante a atención domiciliaria gratuíta, durante os 365 días do ano, a cerca de 2.000 veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia que teñen dificultades na súa autonomía
Lugo, 21 de xuño de 2024. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación, por 380.290,80€, do contrato para a prestación do servizo de Teleasistencia domiciliaria as 24 horas que que ofrece a institución provincial. A Voceira socialista, Pilar García Porto, informou que a empresa adxudicataria é Servizos de Teleasistencia SA e a duración do contrato será de 1 ano coa posibilidade de prorrogalo de forma anual 3 veces máis, ata un máximo de 4 anos.
“Este é un dos piares da nosa rede de protección social, xunto cos centros públicos de atención ás persoas maiores e o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia”, valorou a Deputada. Engadiu que grazas a este servizo, a Deputación garante atención domiciliaria gratuíta as 24 horas, os 365 días do ano, a cerca de 2.000 veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia que teñen dificultades na súa autonomía.
Nese sentido, apuntou que a Teleasistencia “é unha forma de favorecer a permanencia, o arraigo e a integración no entorno familiar e social destas persoas, sobre todo no rural”, porque os usuarios deste servizo e as súas familias “viven con máis tranquilidade, pois saben que contan cun sistema de chamada para recibir atención en calquera momento”.
Lembrou a Deputada que a Teleasistencia consiste na instalación dun dispositivo no domicilio das persoas usuarias que permita a mobilización de recursos ante unha situación de emerxencia e necesidade, pero tamén sirve para facer seguimento ás persoas que o necesiten.
Primeira matrícula gratuíta nos graos superiores de Audiovisuaus
A Xunta de Goberno aprobou tamén, “como todos os anos”, a gratuidade da primeira matrícula dos ciclos formativos de grao superior que imparte o Centro de Formación de Audiovisuais da Deputación de Lugo. “A gratuidade é para os ciclos de Realización e Produción, e no caso do alumnado repetidor, a tarifa sinalada e vixente continúa sendo de 600€”, explicou García Porto.
Detallou a Deputada que “este centro é o único da provincia que imparte ensinanzas superiores de Audiovisuais” e lembrou que o prazo de preinscrición para o curso que vén xa está aberto ata o vindeiro 5 de xullo. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude presencialmente na sede do centro (na rúa Frei Plácido Rei Lemos, en Lugo) ou de xeito telemático a través do apartado de Audiovisuais da páxina web da Deputación de Lugo.
A matrícula poderá realizarse do 17 ao 22 de xullo e no caso de que queden prazas sen cubrir, abrirase un período de matrícula extraordinaria desde o 23 xullo ata completar o número total.
Proceso de selección para a contratación de empregados públicos
Aberto un novo proceso de selección para a contratación de empregados públicos que prestarán servizo na Deputación de Lugo de forma temporal. Concretamente, a Xunta de Goberno deste venres aprobou unha nova convocatoria e as bases específicas para a creación de catro listas de emprego temporal para desenvolver os seguintes postos de traballo: Un peón ou peoa para a reparación de vías provinciais, adscrito ó Parque Móbil; un maquinista condutor; un psicólogo ou psicóloga; e un auxiliar administrativo.
Trátase dun proceso selectivo de concurso- oposición para a elaboración de listaxes que atenderán as necesidades urxentes de persoal temporal da institución provincial. Tal e como explicou Pilar García Poro, ao día seguinte da publicación da convocatoria e as bases no Boletín Oficial da Provincia, as persoas interesadas xa poderán presentar as súas solicitudes.
“Dende a Deputación de Lugo temos un firme compromiso co emprego de calidade, e co reforzo dos servizos públicos”, sinalou a Deputada, que engadiu que “como sempre di o noso Presidente, os traballadores e traballadoras públicos son o principal activo co que conta a Administración”.
Oficina técnica para reforzar a seguridade informática
Aprobada tamén a licitación para a contratación do servizo dunha oficina técnica de seguridade da información e protección de datos. A institución provincial inviste 399.300€ na contratación deste servizo, que terá unha duración de 2 anos, coa posibilidade dunha prórroga anual. “Trátase dun contrato que fixemos por primeira vez o ano pasado e agora tratamos de darlle continuidade”, explicou Pilar García Porto. Apuntou que o que se pretende con este servizo “é reforzar a seguridade da Deputación de Lugo a nivel de sistemas de información, establecendo novas medidas de seguridade nos sistemas informáticos que completan as que xa temos”.
“Queremos que a seguridade TIC sexa unha parte integral e transversal á Deputación, porque consideramos que protexernos das ameazas e os ciberdelitos é algo moi importante no traballo diario da Administración, pola información –ás veces de carácter sensible- que manexamos”, sinalou a Voceira, quen avanzó que tamén servirá para protexer os datos e a información de carácter persoal.
Lembrou os pasos que a institución provincial deu estes anos en materia de ciberseguridade, como formar parte de Ciber.gal –no que coa Xunta e o resto de deputacións de Galicia fan fronte común para garantir a Ciberseguridade das Administracións públicas-, aprobar unha nova política de seguridade ou a creación dun comité de Seguridade da Información.
Este servizo incluirá xornadas formativas e de concienciación en materia de seguridade para os traballadores, auditorías internas e a creación dunha oficina de apoio e un servizo de resposta ante ciberincidentes.
Polígono de Chantada
Na Xunta de Goberno desta mañá tamén quedou aprobada a adxudicación directa da parcela número 45 do polígono industrial dos acivros, en Chantada, á empresa Biomiño SL por 49.253.78 €. Desta forma, a día de hoxe, no polígono de Chantada están vendidas máis do 80% das parcelas dispoñibles, 40, e quedan outras 9, que xa están solicitadas.
“Un dato que pon de manifesto a boa xestión que estamos facendo dende a Deputación de Lugo nesta materia, suplindo, unha vez máis, as carencias da Xunta de Galicia, que é a administración que, por Lei – segundo o Estatuto de Autonomía- ten as competencias en industria”, valorou García Porto.
Programa de Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios
Visto bo tamén ao último paso administrativo para o pago de dúas subvencións dentro do Programa da Deputación para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios. Por unha parte; 6.000€ á asociación de veciños de Parteme, no concello de Quiroga, para unha axuda que serviu para o acondicionamento e recuperación dun espazo público en Parteme. Por outra; 5.695€ á Mancomunidade de Montes Veciñais Regueiral y Eiros, nas Nogais, para a mellora da accesibilidade no lugar de Torés.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



