Viveiro, 24 de xuño de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou hoxe na presentación do Resurrection Fest “o impacto internacional deste evento, que leva o nome da nosa vila por todo o mundo”.
Loureiro participou na presentación do festival, nunha rolda de prensa xunto á deputada provincial Carmela López; Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, Iván Méndez e David Méndez, en representación da organización.
“Como acostumo a facer cada ano, esta presentación é un bo momento para lembrar tamén os comezos deste festival e o labor que tivo no seu nacemento Melchor Roel, naquel entón alcalde do Concello de Viveiro”, afirmou Loureiro.
“Ademais da categoría dos grupos participantes, o Resurrection Fest non deixa de medrar en todos os aspectos e Viveiro volverá converterse esta semana na capital europea do rock, o metal e o hardcore”, engadiu.
Para o Concello de Viveiro, “é un reto cada ano acoller o Resurrection Fest polos milleiros de persoas que nos visitan, e valoramos moi positivamente, como non podía ser doutra maneira, a repercusión do evento na economía local”.
“Tamén quero agradecer a colaboración dos nosos veciños e veciñas. Viveiro en xeral e Celeiro en particular demostrarán unha vez máis que somos un pobo acolledor”, rematou a alcaldesa.
Apoio da Xunta
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe xunto o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na presentación da nova edición do Resurrection Fest, que un ano máis volve contar co apoio do Goberno autonómico no marco do traballo de Turismo de Galicia por impulsar os grandes concertos e festivais que sexan que de converter o turismo nun efecto tractor da economía local e consolidar a marca Galicia e Xacobeo de xeito internacional.
O director de Turismo salientou a consolidación deste festival nos seus 18 anos de vida que “que foi quen de poñer no mapa internacional a Mariña lucense a través dun traballo constante e coordinado cun festival que cada ano se reforza como atractivo turístico”, indicou. Neste sentido, salientou o importante papel que a Mariña lucense está a ter no turismo galego, ao converterse o ano pasado entre os cinco destinos nos que máis medrou a demanda, un 11% neste caso.
Xosé Merelles salientou a importancia de que eventos como o Resurrection Fest estean a conseguir que o modelo turístico galego siga avanzando na diversificación, con oferta atractiva en distintos destinos, e que tamén demostre a capacidade da Comunidade galega para ser sede de grandes espectáculos. Como explicou, este tipo de eventos, relacionados con grandes concertos e festivais, ocupan un lugar destacado na xestión turística da Xunta, como demostra o apoio que Turismo de Galicia vén dando a estes festivais nos últimos anos. Salientou, tamén que a Xunta seguirá a ter en conta este modelo na Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030 na que o Goberno galego está a traballar.
Apoio da Deputación
A Deputada de Economía, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou este luns na presentación e visita ao recinto do Resurrection Fest de Viveiro, que arrancará este mércores grazas aos 150.000€ que achega a institución provincial. Este evento, co que a Deputación de Lugo colabora desde os seus inicios, reunirá ata o sábado as mellores bandas do panorama internacional de hardcore, metal e punk na cidade do Landro.
“Recoñecemos a importancia deste festival non só como un evento cultural, senón tamén como un motor económico que dinamiza a nosa comarca, atraendo a milleiros de persoas de todas as partes do mundo”, apuntou Carmela López. Engadiu que “este fluxo de visitantes non só enriquece culturalmente a nosa terra, senón que tamén impulsa o sector servizos, xerando emprego e riqueza para moitos veciños e veciñas”.
Enmarcou a importante colaboración da institución provincial como “un reflexo do noso compromiso co desenvolvemento cultural e económico da nosa provincia”, porque “sabemos que cada euro investido en cultura é un euro que retorna ao noso territorio” e explicou que esta cita “concorda perfectamente co modelo de turismo polo que apostamos”. Deu os parabéns aos organizadores e sinalou estar segura de que esta nova edición “será todo un éxito, superando as expectativas dos anos anteriores”.





















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



