Olalla Rodil exíxelle á Xunta do Partido Popular que non impoña a construción dunha fábrica de celulosa na Ulloa que sería unha auténtica bomba ambiental
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2024. O Bloque Nacionalista Galego vén de participar na multitudinaria mobilización que arrodeou a Xunta de Galiza con máis de 30.000 persoas en contra da macrocelulosa ALTRI convocada por “Plataforma Ulloa Viva” e a “Plataforma En Defensa da Ría de Arousa”. Como xa se viu na manifestación de Palas de Rei, hai unha maioría social que rexeita a instalación deste proxecto polo enorme prexuízo que tería para o río Ulla, para a ría de Arousa e para o conxunto do País.
A viceportavoz primeira do BNG, Olalla Rodil, salientou que “desde o BNG pedímoslle ao Goberno do Partido Popular na Xunta que non impoña a construción dunha fábrica de celulosa na Ulloa que sería unha auténtica bomba ambiental no corazón de Galiza”.
O proxecto industrial que Altri quere desenvolver en Palas de Rei, suporía un golpe mortal para unha comarca viva na que se asenta un sector agrogandeiro vizoso e produtivo, “lembremos que a Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa representa a segunda de maior produción de todo o Estado español” subliñou Rodil.
Ademais, suporía un enorme prexuízo ambiental para un dos bens máis preciados que temos como é a auga, tanto no río Ulla como para na ría da Arousa. Olalla Rodil apuntou que “a Arousa produce o 70% do mexillón de Galiza e viven deste ecosistema único máis de 4 mil familias”.
A fábrica de Altri representa o modelo económico máis nocivo para este País. “Un modelo depredador e colonial” salientou Rodil. “Queren instalar no noso País unha fábrica contaminante que non queren en Portugal e que non pecha ningún ciclo produtivo en Galiza”. O BNG xa denunciou que o interese de Altri é producir 400 mil toneladas de celulosa para exportar deixando en Galiza un dano irreparable.
A viceportavoz nacionalista salientou que o Partido Popular quere que todas e todos nós paguemos con cartos públicos a destrucción deste país, 250 M€ que o PP quere conceder a Altri “para contaminar Galiza”.
“No BNG non o imos permitir, por iso estamos hoxe aquí, e seguimos defendendo que ese diñeiro público se invista no beneficio non dunha empresa portuguesa senón en beneficio de Galiza e das galegas e galegos”.
Neste sentido, o BNG segue a defender que os 250 M€ públicos que o PP quere darlle a Altri se invistan un plan dirixido a “rexenerar o río Ulla e a ría de Arousa”, así como “pechar ciclos produtivos que xeren valor engadido e riqueza aquí a través dun monte multifuncional e de proxectos de transformación agrogandeiros.
“Pedímoslle ao Partido Popular que deixe de porlle a alfombra vermella a esta empresa que quere instalar no corazón de Galiza unha auténtica bomba ambiental e que, por unha vez, se poña do lado dos galegos e das galegas” concluíu Rodil.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



