Viveiro, 4 de xullo, 2024. O Concello de Viveiro aprobou este mércores no pleno un orzamento municipal de 15.491.493,12 euros, cos votos a favor dos grupos de PSdeG, BNG, e as abstencións de PP e Por Viveiro.
Entre as principais partidas, destaca a do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que supera os 1,5 millóns de euros, ou os 150.000 euros que o concello aporta para a escola infantil (polos 50.000 euros que aporta a Xunta).
Os orzamentos inclúen 421.200 euros en subvencións para asociacións culturais e deportivas, feiras, festivais, e a asociación comercial do casco histórico.
Para pagar estas subvencións, Concello de Viveiro e Deputación de Lugo asinaron a semana pasada o convenio ‘Fomento do asociacionismo, acción social e gastos correntes’, por un importe de 1.125.000 euros, dos que 775.000 serán financiados polo concello e 350.000 pola Deputación.
O capítulo para investimentos é de 744.445 euros, con 11 actuacións para a renovación de camiños nas parroquias, a obra na rúa Porto de Celeiro, traballos na rede de saneamento, e melloras no punto limpo, o conservatorio, a piscina e o campo de fútbol de Celeiro, entre outras.
Polo que respecta á debeda do concello, rematará o ano 2024 en 6.697.000 euros, cando superaba os 14 millóns de euros en 2015.
“Unhas contas realistas e cun claro acento social, pensadas para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, así como para apoiar ao tecido asociativo local”, asegurou a alcaldesa, María Loureiro.
A tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, lembrou que no primeiro semestre do ano, “a pesar de todas as dificultades económicas que limitaron a capacidade de acción, fomos quen de manter uns servizos dignos aumentando nun mes os servizos nas praias, renováronse os camiños do Pernas Peón e conseguimos unha subvención para este parque de 105.000€ que pronto se levará a cabo, abrimos e mantemos 4 aseos públicos abertos, fixéronse melloras nas recollidas de pluviais en Covas e Chavín, aprobamos textos importantes como a Ordenanza de acceso a praias e a de viais para a saca de madeira, vaise adquirir un novo tractor para os desbroces e estanse elaborando documentos imprescindibles como os de Mobilidade, Accesibilidade, ou o futuro contrato da luz”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



