BARREIROS.- Alfonso Fuente pide o apoio de Antonio Veiga para retirar unha sinal dunha estrada da Deputación. O alcalde de barreiros explicou que “temos colocada unha sinal na praia de Reinante e este señor só co seu voto a petición do PP podería ocasionar a retirada da sinal de xeito inmediato, pero a este señor non lle interesa votar co PP”
O alcade de Barreiros matizou que “si ese señor quixese retirar esa sinal dunha estrada da Deputación se retiraba incluso a proposta del mesmo nun pleno. O PP apoiariao, xa me encargaría eu de que o apoiasen”.
Nota de Prensa
ALFONSO FUENTE DUBIDA QUE AS VIVENDAS SOCIAIS DE BARREIROS SE ENTREGUEN ANTES DE FINAIS DE ANO.
Barreiros, 8 de xullo de 2008. O alcalde de Barreiros lémbralle ó BNG que a primeira fase do polígono industrial <foi realizada polo PP na Xunta e agora se está a mover terra catro anos despois. Quere esto dicir que levamos catro anos perdidos co polígono e agora se fala da compra da finca por parte do Concello. Mire, antes co anterior goberno galego o Concello non tería que facer esa adquisición e estes señores o único que fixeron foi dicir que a finca non está comprada. Xa lle dixen a semana pasada ó delegado de Vivenda que a finca está mercada e que cando eu mando unha disposición da finca xa se pode entrar alí>.
Vivendas sociais
Alfonso Fuente é contundente <as vivendas sociais quedaron adxudicadas polo anterior goberno da Xunta que foi ademáis o que as iniciou, pasaron catro anos para sortealas e ver a quen lle toca cada vivenda e agora hai que pasar os trámites para entregalas e eu teño serias dúbidas de que se vaian entregar este ano desgraciadamente para os veciños que sairon moi contentos o outro día despois de ver como quedou a construcción>. O rexedor engade que non se pode dicir que as vivendas as fixo o BNG <para ocultar a real petición que eu lles fixen o outro día para que constrúan unha nova partida de 20, 30 ou 40 vivendas sociais. Eu pido 20 porque creo que serían suficientes>.
Gas
O alcalde de Barreiros asegura que <todo o mundo sabe que para facer unha rede de gas se necesita dun estudio previo para ver si interesa ou non económicamente. Pois ben ese estudio fíxoo o Concello de Barreiros con Gas Galicia e amosóuse que ese suministro era rentable e que se ía facer motivado pola construcción que se está a realizar en Barreiros, construcción que ó BNG nunca lle gustou, sempre se opuxo e se segue a opoñer. Ousexa que curiosamente se colgan a medalla dun gas que veu motivado polo desenvolvemento urbanístico de Barreiros que o BNG criticou. O gas xetionóuno o equipo de goberno do Concello con Gas Galicia e o único que fixo o BNG desde a Dirección Xeral de Industria é dar as autorizacións pertinentes. Só faltaría que denegasen as autorizacións por poñer un servizo nun Concello do PP>.
Cousas positivas
Alfonso Fuente considera que Antonio Veiga pode facer cousas positivas por Barreiros <aquí temos unha señal que é a señal da vergoña. É dicir temos colocada unha señal na praia de Reinante e este señor só co seu voto a petición do PP podería ocasionar a retirada da señal de xeito inmediato, pero a este señor non lle interesa votar co PP, o que lle interesa é estar alí a gusto nese equipo de goberno na Deputación. Si ese señor quixese retirar esa señal dunha estrada da Deputación se retiraba incluso a proposta del mesmo nun pleno. O PP íao apoiar, xa me encargaría eu de que o apoiarsen>.
O alcalde de Barreiros critica tamén a falla de subvencións da Deputación para Barreiros <para as asociacións e para os veciños do Concello. Leva un ano perdido na Deputación porque non foi quen de xestionar nada para aquí. Ao igual que acontece co seu departamento. Naquel goberno malo de Francisco Cacharro, en dous anos a súa delegación de Cultura achegóunos 55.000 euros, e a día de hoxe ainda non recibimos nada do actual responsable, Antonio Veigaa. Está claro o seu pouco peso na Deputación e eu o que lle pido é que traballe en cousas que saian para adiante en Barreiros>.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



