Daniel Garcia destacou a importancia destas celebracións para visibilizar e impulsar o recoñecemento social da gandeíría extensiva
A Pontenova, 20 de xullo. O deputado de Rural Daniel García asistiu este sabado á primeira edición da Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, que nace da man da asociación Equus Norte coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Máis dunha vintena de aloitadoras e aloitadores colaboraron ao longo da mañá nas tarefas de rapa e marcado de cabalos e eguas no curro instalado no alto de Neipín, onde se mantivo a actividade ao longo da xornada cun xantar, animación musical e un espectáculo de doma.
Daniel García felicitouse “polo nacemento desta nova rapa, a terceira da comarca da Mariña, para visibilizar e impulsar o recoñecemento social da gandeiría, e especialmente da cría en extensivo, na conservación do territorio e da vida no rural”. Neste sentido, valorou “o traballo e a iniciativa das persoas que colaboraron na organización, que transmiten unha gran paixón e orgullo polo que fan”.
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoiou a organización da rapa cunha achega para a instalación do curro, que permitirá a celebración das actividades deste ano e en futuras edicións. A área provincial tambén colabora na financiación doutros gastos como a degustación da carne de poldro de pura raza galega que se realizou o venres nos locais de hostalaría da vila da man de Puraga.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



