Ribadeo, 23 de xullo de 2024. Hoxe foi presentada a cuarta edición do campus de fútbol do Atlético de Madrid, que se celebrará en Ribadeo do 29 de xullo ao 10 de agosto.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “a primeira quenda, a que vai do 29 de xullo ao 3 de agosto, adestrará no Campo do Outeiro, debido a que no Pepe Barrera se están a acometer estes días importantes traballos de mellora. A segunda quenda deste campus, a que vai do 5 ao 10 de agosto, xa poderá empregar o noso campo municipal”. En total 170 nen@s se darán cita neste campus de fútbol.
O alcalde, Daniel Vega, agradeceulle ao Atlético de Madrid que “unha vez máis elixisen Ribadeo para impartir este campus, pola promoción que supón para a nosa vila e polos valores que lles transmiten aos asistentes. Ribadeo é unha vila aberta, que conta con diversas instalacións deportivas para acoller esta e outras propostas, que sempre estamos encantados de recibir”.
No acto de presentación participaron o alcalde, Daniel Vega; Manuel Sánchez, coordinador das Escolas e Campus de Tecnificación do Atlético de Madrid, que foi dianteiro emblemático e pichichi na tempada 91-92; Manuel Sedano, presidente de la Peña Atlética Lucense; Valetín Coto, presidente do Ribadeo FC; o presidente da Unión Internacional de Peñas do Atlético de Madrid para o Norte de España, Manuel Valín, e os seus compañeiros delegados Suso López e Suso Meilán; así como socios da Peña Atlética Lucense.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


