O portavoz, Antonio Ameijide, sinala que “o abastecemento de auga é un dos problemas aos que se teñen que enfrontar os Concellos na actualidade e, previsiblemente, nos vindeiros anos”
Lugo, 26 de xullo de 2024. O Grupo Provincial do Partido Popular propón que a Deputación de Lugo desenvolva un plan de apoio aos Concellos da provincia para a xestión do ciclo da auga. Para iso, piden ao PSOE e ao BNG que apoien esta proposta que pretende “cooperar cos Concellos e beneficiar a tódolos lucenses garantindo o abastecemento de auga de calidade e o correcto tratamento de augas residuais”.
O portavoz, Antonio Ameijide, sinala que “o abastecemento de auga é un dos problemas aos que se teñen que enfrontar os Concellos na actualidade e, previsiblemente, nos vindeiros anos”. Así mesmo, subliña que, “como levamos moito tempo dicindo dende o Partido Popular: a auga é cada vez un ben máis escaso e por iso temos que usalo de forma responsable”.
A escaseza de auga, a renovación e modernización das infraestruturas hidráulicas ou as esixencias normativas en materia de control de calidade e en relación á xestión das augas residuais son algúns dos aspectos que deben atender dende os Concellos e que requiren importantes recursos técnicos e económicos. De feito, “ter que garantir e manter tanto a captación, coma o abastecemento e, incluso, o tratamento tanto da auga dirixida ao consumo humano e animal coma das augas residuais supón un importante esforzo para as arcas municipais.
É por iso polo que os populares cren que “as distintas administracións se deben implicar na xestión do ciclo da auga: os Concellos, a Xunta que xa o está a facer e as deputacións provinciais. Pero no caso da Deputación de Lugo pasa olimpicamente de implicarse” a pesar de que, por lei, “ten a responsabilidade de axudar aos Concellos máis pequenos”.
De feito, segundo o artigo 36.1 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local é competencia propia da Deputación coordinar servizos municipais para garantir a prestación integral e na totalidade do territorio provincial os servizos de competencia municipal e a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios, especialmente os de menor capacidade económica e de xestión. E, de forma máis concreta, o artigo 26.2.b) sinala que nos municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes será a Deputación Provincial a que coordinará os servizos de abastecemento de auga potable a domicilio e evacuación e tratamento de augas residuais.
Ameijide engade que “mentres que a Deputación Provincial de Ourense cumpriu coa súa obriga de colaborar cos Concellos ao impulsar unha solicitude conxunta á primeira convocatoria de subvencións para proxectos de mellora da eficiencia do ciclo d auga no marco das axudas do PERTE para a dixitalización do ciclo da auga da que resultaron beneficiados 79 Concellos ourensáns, a Deputación de Lugo puido ter organizado tamén unha estratexia conxunta e asesorar aos 67 Concellos da provincia, pero non o fixo”. A práctica totalidade dos Concellos da provincia de Lugo -excepto dous- quedaron fóra destas axudas.
PROPOSTA DO PARTIDO POPULAR
A proposta do Partido Popular inclúe asesoramento técnico, coordinación para impulsar de forma conxunta -naqueles casos que así o desexen- proxectos para presentar ás convocatorias de axudas para a mellora do ciclo da auga, apoio económico a tódolos Concellos para investimentos en obras destinadas ao abastecemento, saneamento e mellora do ciclo da auga cunha partida nos orzamentos da Deputación de Lugo de, polo menos, 3 millóns de euros ao ano e unha mesa de coordinación integrada por persoal técnico, representantes dos distintos grupos da corporación provincial e os alcaldes ou representantes municipais en quen deleguen.
SEMANAS SEN AUGA DA TRAÍDA O VERÁN PASADO EN FOZ
O portavoz sinala que o verán pasado Foz pasou semanas sen auga da traída municipal cos conseguintes prexuízos causados aos veciños e aos locais de hostalería en plena temporada alta.
Naquel momento xa pediamos que a Deputación de Lugo se implicase cos Concellos que teñen problemas co abastecemento de auga potable; pero un ano despois “nin o Concello nin a Deputación fixeron nada”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



