Nota de prensa
O BNG DE FOZ CUALIFICA DE POUCO CLARIFICADORA A REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DE MEDIOAMBIENTE
“Borobio non aclarou como recollerá o POL os núcleos rurais”
Foz, 21 de outubro de 2010.- A reunión mantida da Corporación Municipal e o arquitecto do Concello de Foz este mércores co Director Xeral de Medio Ambiente da Xunta de Galiza é cualificada polo BNG de Foz de pouco clarificadora ao mesmo tempo que preocupante polo estado de confusión existente co planeamento urbanístico do Concello.
O BNG durante a reunión solicitoulle ao Sr. Borobio unha explicación sobre como o planeamento urbanístico que aparece na cartografía do POL non se correspondía co planeamento municipal conforme ao cal se procederon a outorgar licenzas urbanísticas desde os últimos vinte anos, dándose o caso de que non aparece delimitado en todo o Concello nin unha soa bolsa de solo de núcleo rural ata o punto de que as áreas de solo que tiñan esa clasificación urbanística nas parroquias de Cangas, Nois, Fazouro, Cordido, Vilaronte e San Martiño, aparecen clasificadas no POL como solo rústico de protección ordinaria.
Segundo o Director Xeral de Medio Ambiente “o POL só recoñece as determinacións recollidas e delimitadas polo instrumentos de planificación urbanística”, é dicir, polas normas urbanísticas do concello. Pero se esto é así, non se entende porque non se recoñecen os núcleos rurais salvo que, segundo a súa interpretación, non formen parte do planeamento urbanístico. Sen embargo e ao mesmo tempo, afirmou que tiñan un informe interno da Consellaría de Urbanismo -que non quixo desvelar- no que se constataba que “os núcleos rurais de Foz estaban en vixencia”. Logo, é contradictorio que por un lado admitan como válidos os núcleos rurais e por outro non se recoñezan na cartografía do POL.
Neste sentido, á pregunta feita por González Basanta, portavoz municipal do BNG, sobre se os núcleos rurais ían a estar reflectidos na cartografía do POL no documento final, o Director Xeral de Medio Ambiente afirmou que o POL recollería os núcleos pero non especificou nin aclarou de que forma e que o tiñan que estudar. Falou de que poderían aparecer ou ben graficamente ou ben “doutra maneira” (en forma de separata ou con algunha referencia). Para o BNG esto deixa con moitas dúbidas que o POL finalmente recoñeza os núcleos rurais como se recoñecen no resto dos concellos, é dicir, grafiados e delimitados, e demostra que a Xunta nin ten un posicionamento claro ao respecto nin está a ser todo o transparente que se require dentro das súas actuacións.
O mesmo ocorre coas tres bolsas de solo urbanizable en Cangas, Vilaronte e Fazouro que non deberían de aparecer no planeamento municipal desde a vixencia da delimitación dos núcleos. Respecto a estes solos, o Sr. Borobio mostrou a súa sorpresa de que apareceran superpostos os Solos Urbanizables e as delimitacións de núcleo, sen saber como ían a resolver este problema. Para o BNG está claro que sendo solo de núcleo non pode ser ao mesmo tempo urbanizable e parécelle incomprensible que entre o Concello de Foz e a Xunta non tiveran xa clarificada esta contradicción desde hai tempo e resolto o problema. “Se se estiveron dando licenzas nestes terreos sen ningunha obxección está claro que non poden ser urbanizables. Do contrario, alguén estivo cometendo infraccións urbanísticas moi graves” afirma Basanta.
Tamén vemos incomprensible que os terreos do Parque Empresarial de Fazouro quede como solo urbanizable non delimitado cando ten un Plan Parcial aprobado definitivamente desde 2003 co seu proceso de urbanización rematado, executado e ocupado na case a súa totalidade. Ou que se hipoteque a bolsa de solo de Tras As Torres-Llas da que Borobio afirmou que quedará como ámbito de mellora ambiental e paisaxística no futuro POL e non como ámbito de ordenación como solicitaba o Concello.
Desde o BNG de Foz, deixouselle claro que as consecuencias de que os núcleos rurais non se reflictan grafiados no POL son imprevisibles e dunha gravidade enorme para o Concello pois significa que o POL, unha vez aprobado definitivamente, deixará hipotecado urbanisticamente a Foz para moitos anos, sobre todo, nas parroquias. Por iso, o BNG xa alegou nesta dirección, instando á Xunta a que se recoñezan os núcleos rurais do Concello.
A Basanta parécelle que “a Xunta anda a xogar ao gato e ao rato” e non di as cousas claras. De todas as formas, o BNG espera que as respostas do Conselleiro de Urbanismo ás preguntas por escrito realizadas polo grupo parlamentario nacionalista no pasado mes de xuño, aínda sen contestar, sexan máis clarificadoras ao respecto que ás do Director Xeral de Medio Ambiente.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



