Os traballos, que se están a realizar na LU-P-1611, entre os quilómetros 93,6 e 94,3, consisten na mellora da drenaxe, o fresado da vía, a pavimentación do firme con aglomerado en quente e a instalación da sinalización horizontal
Lugo, 31 de xullo de 2024. A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos para renovar o firme da estrada provincial LU-P-1611, á altura do concello de Castro de Rei. Estes traballos de acondicionamento e mellora, para os que a institución provincial destina preto de 73.000€, afectan ao tramo que vai desde o punto quilométrico 93,665 ao 94,395.
Este proxecto foi adxudicado á empresa Cholo SL e as obras consisten na mellora da drenaxe, o fresado da vía, o estendido da capa de aglomerado en quente e a posterior instalación da sinalización horizontal. O prazo de execución destes traballos é dun mes e medio e a empresa adxudicataria incluíu un aumento do prazo de garantía de tres anos.
Esta actuación, que afecta ao cinto comarcal e é de especial relevancia para as comunicacións da provincia, súmase a outros traballos que está realizando a institución provincial noutro tramo desta estrada ao seu paso por Friol, Outeiro de Rei e Begonte. Para acometer estas obras a Deputación destinou máis de 700.000 euros, concretamente para acondicionar un treito de 7 quilómetros, o que vai dende o punto quilométrico 49,9 ao 57,1. Esta previsto que mañá teña lugar a pavimentación con aglomerado en quente nesta zona.























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



