As persoas que o desexen poderán apuntarse no certame ata o día 9 de agosto ás 14:00
Burela, 1 de agosto de 2024. O Concello de Burela, a través da Concellería de Cultura, convoca o I Concurso de Pintura e Arte Urbana en Contedores “Contén-Arte”, que se desenvolverá entre o 31 de agosto e o 1 de setembro.
O concurso está aberto a persoas ou grupos de persoas maiores de idade, que poderán presentar un só proxecto, orixinal e inédito. Serán seleccionadas ata un máximo de 10 persoas participantes, que deberán facer, con técnica libre. unha obra relacionada co mundo do mar.
As inscricións deberán incluír boceto da obra, título, datos persoais, fotos do DNI de cada participante, teléfono e correo electrónico da persoa responsable, lista de material necesario e número de conta bancaria.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de agosto ás 14:00. Pódese consultar as bases completas na sede electrónica do Concello, na ligazón https://burela.sedelectronica.es/preview-document.3
“Queremos que Burela sexa un referente no arte urbano, e por iso apostaremos por esta e outras accións que transformen espazos en obras artísticas”, sinala a alcaldesa Carmela López.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, explica que “a arte urbana nos contedores é unha forma innovadora de transformar elementos cotiáns en obras de arte, facendo que o espazo público sexa máis colorido e interesante”.
“A intervención artística nos contedores promove a reciclaxe e a xestión de residuos dun xeito creativo, facendo que a cidadanía se sinta máis involucrada na conservación do medio ambiente”, engade.
Gómez subliña que “estas intervencións artísticas contribúen á revitalización dos espazos urbanos, reforzando o sentido de identidade local e orgullo comunitario”.
“Buscamos resaltar a importancia e o impacto positivo que ten a arte urbana na vida cultural e social do pobo, e esto será o inicio doutro tipo de accións”, conclúe a concelleira.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



