A organización ecoloxistas solicitou, ademais ao Ministerio, que de forma cautelar se clausure o emisario submariño mentres non conte coa autorización de ocupación e que esta non se conceda ata que se realice un estudo sobre a calidade das augas na contorna da zona de difusión do emisario submarino, realizando analíticas nos parámetros asociados aos procesos industriais da planta
A Mariña, 5 de agosto, 2024. Ecoloxistas en Acción presentou alegacións á solicitude de concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre con destino a emisario submarino para evacuación das augas residuais procedentes do complexo industrial de Alcoa en San Ciprián, T.M. Cervo (Lugo).
A organización ecoloxistas sinala que segundo informa a propia empresa metalúrxica, Alcoa dispón na súa planta de aluminio de San Ciprián de dous emisarios submarinos para verter os residuos industriais ao mar. Estes emisarios son supostamente parte do proxecto inicial do complexo industrial, cuxa autorización de verteduras data de 1979. Con todo, a pesar de levar décadas en funcionamento e ser utilizado como avaliación de verteduras na actualidade, Alcoa di descubrir recentemente estas tubaxes, unha das cales xa non está en servizo, e solicita, agora, a concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre para o emisario submarino.
Ecoloxistas en Acción denuncia que solicítase a autorización sen achegar unha avaliación de impacto ambiental da vertedura destes residuos ao mar Cantábrico. “Non se avalía as afeccións ao ecosistema mariño nin ás zonas de alto valor ambiental, incluídas en Rede Natura 2000. Tampouco hai un estudo da composición dos residuos evacuados e o impacto acumulado na calidade das augas tras décadas de vertedura continuada”, alerta Cristóbal López, voceiro da organización ecoloxista.
Pola ausencia, no procedemento, dunha evaluación do impacto ambiental, tanto da infraestructura en sí, como dos vertidos evacuados por ela, a organización ecoloxista solicitou ao Servicio Provincial de Costas en Lugo que denegue á concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre con destino ao emisario submariño para evacuación das augas residais procedentes do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao.
Ecoloxistas en Acción demandou, ademais ao Ministerio, que de forma cautelar se clausure o emisario submariño mentres non conte coa autorización de ocupación e que esta non se conceda ata que se realice un estudo sobre a calidade das augas na contorna da zona de difusión do emisario submarino realizando analíticas nos parámetros asociados aos procesos industriais da planta.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



