A presidenta provincial, Elena Candia, e os deputados nacionais Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades fixeron balance da actividade na Cámara baixa no primeiro ano de lexislatura xunto a alcaldes e portavoces da zona sur da provincia
Monforte de Lemos, 6 de agosto de 2024. Os deputados do PP lucense no Congreso dos Deputados fixeron balance do primeiro ano de lexislatura en Monforte de Lemos xunto á presidenta provincial, Elena Candia, e alcaldes e portavoces da zona sur da provincia pechando a rolda de balances do traballo realizado por parte de todos os deputados (nacionais, autonómicos e provinciais) e dos senadores onde aproveitou para anunciar que en setembro se celebrará unha interparlamentaria.
Candia referiuse ao traballo dos deputados no Congreso “estou profundamente agradecida porque trasladaron as preocupacións da provincia e da comarca pedindo que se corrixa a discriminación que sufre Galicia por parte do Executivo de Pedro Sánchez”. Esta discriminación vese na falta de liderado, tanto do Partido Socialista coma do Bloque Nacionalista Galego” matizando que falar de falta de compromiso e peso político en Monforte, tendo ao secretario xeral dos socialistas lucenses que é tamén alcalde neste municipio “non é casual”.
O deputado monfortino, Francisco Conde, afeou que “a provincia de Lugo non está na axenda política do Goberno” e explicou que as iniciativas do PP lucense no Congreso “coinciden coas principais prioridades da provincia”. Mentres que os populares se centraron en solicitar melloras en infraestruturas (estradas nacionais e avances na construción da autovías comprometidas) política industrial e servizos sociais, “o Goberno segue incumprindo con Lugo os seus compromisos industriais, de infraestruturas e de política social”. Os populares “seguiremos impulsando a creación de emprego de calidade, atraer novos investimentos e mellorar o benestar social dos lucenses”, avanzou.
POLÍTICA INDUSTRIAL
O popular considera prioritario o investimento en política industrial para “vertebrar a provincia” cunha aposta firme e decidida polo futuro de Alcoa, Altri e o desenvolvemento de solo industrial a un prezo competitivo e con novos servizos. “Ribadeo y Sarria son dous bos exemplos da falta de oferta de solo empresarial a prezos competitivos” por parte do SEPES (Entidade Pública Empresarial del Suelo).
Tamén subliñou “a falta de interese do PSOE de Lugo e o alcalde de Monforte polo desenvolvemento do Porto Seco de Monforte” que precisa “investimentos na intermodal e a súa conexión á N-120. Seguiremos insistindo ante ADIF e a Confederación Hidrográfica por unha solución”.
O popular afeou que “o Goberno podería destinar o 25% dos ingresos por emisións de CO2 ás empresas electrointensivas (3.600M€ de ingresos), e os 300 M€ que se pretenden plantear como solución á industria electrointensiva, deberían ser en realidade, tres veces máis, 896M€. Así quedou plasmado nun acordo adoptado polo Congreso a iniciativa do PP e que o Goberno segue incumprindo na orde de axudas publicada e que está en vigor”.
En relación a Altri, Conde explicou que “nas iniciativas que presentamos no Congreso, só pedimos igualdade de trato con outras iniciativas similares, conscientes de que ten que demostrar que cumpren cos requirimentos medioambientais, como en calquera outro proxecto industrial”. Nese sentido, asegurou que “manteremos a presión ante o Goberno para que se podan dar certezas, tanto nas axudas de fondos europeos como nas necesidades de abastecemento eléctrico, que tamén seguen sen resolver”.
En materia de infraestruturas, os populares subliñaron os incumprimentos do Goberno coa rede de infraestruturas da provincia que “penaliza” a competitividade e a seguridade viaria da provincia”. Lembraron que “Lugo quedou fóra da alta velocidade por unha decisión política do Goberno de Pedro Sánchez e que a situación da rede viaria non é asumible”.
A deputada Cristina Abades, portavoz da Comisión de Infancia, defendeu dous ámbitos claves para Galicia e a provincia como son a conciliación e o mundo rural. Concretamente ten proposto, por exemplo que o Goberno aumente o investimento en política de protección social á infancia e cofinancie ao 50% coas comunidades autónomas a educación de 0 a 3 anos ou mellorar a conectividade das áreas rurais para acabar coa desigualdade nos pequenos municipais rurais, ademais de interesarse polo importe que debe o Goberno a Galicia en materia de dependencia.
A luguesa tamén lembrou iniciativas en relación á capital da provincia coma o emprazamento da nova Comisaría de Policía, a reclamación para a mellora dos accesos á cidade, as axudas á rehabilitación de vivendas nos barrios da Milagrosa e Feijóo, a cesión do Ministerio de Defensa dos terreos próximos ao campo de fútbol das Gándaras ou o convenio da CHMS para evitar inundacións do río Rato e avanzar no Plan Paradai.
JAIME DE OLANO: “CO ACORDO PSOE-ERC, GALICIA PERDERÁ CADA ANO O EQUIVALENTE AOS INVESTIMENTOS EN SANIDADE E EDUCACIÓN”
Jaime De Olano, pola súa banda, lembrou que “a Xunta estima en 444M€ o prexuízo para as arcas autonómicas do acordo de financiamento para Cataluña que pactaron o PSC e ERC”. Isto supón que “Galicia perderá cada ano o correspondente ao investimento en todo o ano 2023 en Galicia das empresas públicas estatais, que son o brazo inversor nos territorios: Adif – alta velocidade, Renfe, Portos del Estado, as empresas que xestionan os aeroportos, centros penitenciarios, SEPI…”.
Facendo outra comparativa, o deputado popular e portavoz adxunto do Grupo Popular no Congreso sinalou que “os galegos imos perder por culpa de Pedro Sánchez e ERC a cantidade equivalente á suma de tódolos investimentos en infraestruturas e equipamentos da consellería de Sanidade (250M€) máis os investimentos en infraestruturas en centros educativos da consellería de Educación (180M€)”.
“O PSOE establece recortes ao conxunto de España a cambio de que Illa goberne Cataluña: pretenden crear españois de primeira e españois de segunda”, advertiu. Ademais, incidiu en que “non houbo acordo porque Sánchez lles deu aos independentistas todo o que pediron”.
“É inconcibible que o señor Besteiro e a deputada socialista pola provincia, a señora Otero, apoien este disparate que rompe o principio constitucional de solidariedade e igualdade que prexudica a comunidades onde hai menos cidadáns ricos como é o caso de Galicia. Ninguén que crea na igualdade e queira a Galicia pode defender que reciba menos”, afeou. É máis, sinalou que “dirixentes socialistas de Asturias ou Castela e León, con características similares a Galicia, si protestan contra o cupo catalán, mentres que os galegos se renden ante Sánchez. O PSdeG e o BNG cada vez que teñen que elixir entre Sánchez e Galicia sempre elixen a Sánchez, polo que se poden quitar a G de galegos”, subliñou.
De Olano desmentiu que Cataluña estea infrafinanciada: “está por enriba da media de España en canto a financiamento por habitante: co 16% da poboación vaise quedar co 20% da recadación tributaria. Os máis ricos de todas as comunidades colaboran cos seus impostos a sufragar o gasto en sanidade, educación e servizos sociais; pero agora Pedro Sánchez decidiu que os ricos cataláns non aporten para prestar eses servizos no resto de España”.
“A reforma pactada entre Sánchez e ERC é ilegal e non ten encaixe na Constitución: requiriría a reforma da Lei Orgánica de Financiación das Comunidades Autónomas e do artigo 138 da CE”, explica o popular. Neste sentido, aclara que “o Partido Popular garante que modificará o sistema de financiamento para as comunidades autónomas e entidades locais de forma que se cumpran os principais de igualdade, equidade, transparencia e suficiencia”.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



