Mirando o dicionario, di que nativo é quen nace no lugar, pero tamén quen se fai nel pola circunstancia que sexa, ou, en xeral, quen pertence a el. Aínda máis, contando con que ese facerse é debido á vontade de quen se fai.
Nativo ése, pero tamén se consolida máis por enfrontamento ó foráneo, sexa visitante, turista, veraneante, alleo… Aínda que cada un deses cualificativos teña matices diversos, que os diferencian entre si a pesar das cousas que podan aglutinalos. E aínda que eses cualificativos determinen clases que se solapan entre si. Ó fin, son máis determinantes en xeral as diferencias dese conxunto cos ‘nativos’.
O nativo pertence (pertencemos) ó lugar máis que o lugar lle (nos) pertence, o que pode ser certo ou non en sentido de propiedade capitalista, e aínda que o sexa no sentido de estar imbricado en nós, determinando nosos sentimentos, guiando nosos pensamentos. Ou é que pensa e sobre todo, sente, o mesmo sobre a illa Pancha ou a Torre dos Moreno un nativo que un forasteiro?
Unha nota: non é o mesmo nativo que local. Por exemplo, o local pode coñecer un lugar, mentres que o nativo aporta o sentimento de pertenza.
Outra nota: hai nativos que non o aparentan. Son nativos de nacemento, pero non pertencen ó lugar, teñen sido contaxiados de xeito que as cousas ‘de aquí’ lles parecen alleas no mesmo sentido que se pasaran oito pobos máis aló, a menos que os toquen directamente. Naceron, pero se teñen comunidade aquí é só para sacar beneficio particular, non cun sentimento de beneficio común. Son un grupo que cada vez aumenta máis, e que se deixa ver máis (e os efectos que leva consigo esa visión) a medida que van ocorrendo fenómenos como a xentrificación das vilas ou a destrución da costa. Un fenómeno que vai cambiando a mentalidade xeral. Ou, non cambiou a idea xeral da sociedade sobre un símbolo ribadense como a Torre dos Moreno dende que o capital privado foi tomando a iniciativa e a propiedade? Non cambiou a visión sobre un emblema como a illa Pancha dende que foi permitida a privatización de parte dela e o funcionamento duns apartamentos e cafetería?
A invasión forasteira no verán supón un cambio pola ocupación do lugar, que varía en si, no uso, nas oportunidades para quen é veciño todo o ano (os ocasionais non teñen nin referencia para valorar os cambios) en troques de usuario pasaxeiro. Un cambio que pon patente a diferencia entre nativos e visitantes.
Para os nativos, o común, o comunitario, é tamén propio, e débeselle coidado. Se se privatiza, alléase e pasa a ser algo totalmente diferente. Nativo implica comunidade. En pensamento e cohesión. Con diferencias, si, diferencias enriquecedoras e conflitos ineludibles, tanto no pensamento como na cohesión. Pero con sentimento superior e consciente dunha unión, ás veces querida, ás veces só debida.
Se o propósito é a ganancia e o ‘éxito’, canta máis rivalidade e ‘un mesmo’, mellor. Nese caso, pode non serse visitante, mais como apuntei antes xa non se é nativo porque se considera un por riba ‘desas cousas’ locais, que, por contra, son os fundamento das más xerais, nunha sociedade máis extensa.
Un lugar de vida chamado ‘casa’ pode selo para os veciños, pero dificilmente no mesmo sentido para os turistas. Ou sinxelamente, para os non locais.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



