O portavoz provincial, Antonio Ameijide, e o viceportavoz Demetrio Salgueiro, visitaron xunto á alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, as instalacións do museo público do mar máis antigo de Galicia, único con estas características na provincia e que “pon de relevo a importancia do mundo do mar para a comarca da Mariña”
Cervo, 17 de agosto de 2024. O Museo Provincial do Mar, situado na antiga escola unitaria de San Cibrao, é o único destas características na provincia que “pon de relevo a importancia do mundo do mar para a comarca da Mariña”. Así o manifesta o portavoz popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, despois de visitar este espazo museístico xunto ao viceportavoz, Demetrio Salgueiro, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés.
É por iso polo que os deputados do Grupo Provincial Popular apostan pola súa posta en valor “incrementando o investimento en difusión” porque “se non se difunde, non se coñece”, acentúa.
Ameijide explica que “nos consta que, coma en todo bo museo, neste tamén quedan moitas pezas aínda nos almacéns sen expoñer, e os lucenses e visitantes queremos e merecemos gozar delas” e por iso “é preciso que a Deputación busque máis recursos para poñer en valor todas estas pezas que están almacenadas e sen ser desfrutadas polos lucenses”.
O popular defende que “o Museo Provincial do Mar merece maior investimento por parte do goberno da Deputación de Lugo” toda vez que “na actualidade recibe unicamente un 0,17% do total do orzamento do ente provincial” que se corresponde cos gastos de persoal e mantemento, pero “sen que o goberno de PSOE e BNG faga ningún tipo de esforzo por promocionar a súa actividade e poñer en valor a súa singularidade”.
“O Museo Provincial do Mar é un claro exemplo do importante patrimonio do que dispón a Deputación de Lugo, polo que pedimos ao goberno de Tomé que o tome en serio”, expón o popular.
O Museo Provincial do Mar é o museo público do mar máis antigo de Galicia e garda bens de valor histórico e patrimonial que nos permiten coñecer máis de preto o mundo do mar a través de instrumentos de navegación e mecánica naval, artes de pesca tradicionais, ósos de mamíferos mariños, crustáceos, fósiles, a historia da industria baleeira e do propio pobo de San Cibrao ou un recoñecemento ás mulleres do mar a través dunha pequena mostra fotográfica.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



