Mondoñedo, 16 de agosto, 2024. A Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias (OSPA) visitará o ‘XI Festival Bal y Gay’ o 17 de agosto para actuar na Catedral de Mondoñedo (21:00) interpretando un repertorio con pezas de Coll, Mozart e Dvorák. A OSPA, que celebra o seu 30 aniversario, estará dirixida polo portugués Nuno Coelho, o seu director titular e artístico. Ademais, virá como solista a flautista salmantina Clara Andrada, instrumentista principal de Frankfurt Radio Symphony Orchestra e Chamber Orchestre of Europe. Será un dos 12 destacados concertos previstos ata o 23 de agosto no festival, referente en España por ofrecer a mellor música clásica do mundo en fermosos escenarios patrimoniais da comarca da Mariña desde 2014.
“Es un gran honor para la OSPA participar en el festival. Es importante para nosotros compartir nuestra música con audiencias fuera de Asturias, mostrando nuestro trabajo y compromiso. Estamos muy contentos de visitar a nuestros vecinos tan cercanos en Galicia y de participar en un festival de la calidad y el renombre de Bal y Gay. El festival se ha consolidado como un referente en España y en el extranjero por su programación ecléctica y el alto nivel de los artistas y actuaciones que ofrece. Es muy especial formar parte de ese grupo selecto”, afirmou Nuno Coelho, director titular da Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias desde octubre de 2022.
“Nuestro programa refleja la visión principal de la orquesta: un fuerte compromiso con la música y los artistas españoles, con la música contemporánea, así como con el gran repertorio canónico. De esta manera, estamos contentos de presentar una obra reciente de uno de nuestros colaboradores artísticos: el compositor Francisco Coll. La orquesta ha interpretado muchas de sus obras, él ha venido a visitarnos tanto como compositor como director, y hay una gran conexión entre su música y los músicos. Estamos felices de volver a actuar con Clara Andrada, quien también ha estado con la orquesta anteriormente. Una gran solista y un talento español. Terminamos con una fantástica sinfonía, la número 8 de Dvorák. Es enérgica, con melodías hermosas y todos los elementos fantásticos que hacen de Dvorák un compositor tan querido por las audiencias de todo el mundo”, engadiu Coelho sobre a vindeira presenza da OSPA no ‘XI Festival Bal y Gay’.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



