Cervo, 22 de agosto, 2024. O dúo formado por André Cebrián e Pedro Mateo González conquistaron ao público no ‘XI Festival Bal y Gay’ este 21 de agosto coa súa actuación no Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao en Cervo. Cebrián, flautista santiagués solista da Scottish Chamber Orchestra e integrante de Azar Ensemble, e González, guitarrista abulense con dilatada experiencia internacional, seduciron aos espectadores co seu novo proxecto discográfico ‘Cartografía do Mar’ (2023), unha selección de obras mestras do século XX escritas para frauta e guitarra. Un océano de cores e sonoridades a través das súas frescas e inspiradoras interpretacións. Foi un dos 12 destacados concertos previstos ata o 23 de agosto no festival, referente en España por ofrecer a mellor música clásica do mundo en fermosos escenarios patrimoniais da comarca da Mariña desde 2014.
“El repertorio ha estado compuesto por muchas de las obras maestras de esta formación, todas muy variadas y que, sin lugar a dudas, no ha dejado indiferente a ninguna persona a la que le guste la música. Creo que el programa ha encajado a la perfección con el festival, ya que quién mejor que el público de A Mariña para disfrutar de un programa que gira en torno al mar. Además, ha sido nuestro primer concierto como dúo en Galicia y siendo gallego me ha hecho una ilusión tremenda. Ha sido mi segunda vez en el festival, ya que actué en 2020 con el Ensemble Bal y Gay”, explicou André Cebrián. “La misión del festival es llevar la mejor música clásica a todas las esquinas de la comarca. Creo que el dúo de flauta y guitarra (especialmente con este repertorio) es un vehículo muy acertado”, concluiu a0 respecto.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


