Inclúen entre outras cousas a renovación de material para as oficinas de asistencia en rexistro e a mellora do equipo para retransmitir os plenos
Burela, 26 de agosto de 2024. O Concello de Burela vén de recibir novas axudas da Deputación de Lugo a través do proxecto ImpulsaTIC, financiado cos fondos da Unión Europea.
Con ImpulsaTIC, a Deputación outorga axudas financiadas polo FEDER, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, aos 53 concellos adheridos ao proxecto, entre os que se atopa o de Burela.
No momento da adhesión cada concello indicou en que actuacións quería participar, y en base a isto e a unha enquisa realizada en cada municipio, licitouse cada proxecto.
O Concello de Burela adheriuse ás seguintes actuacións: a renovación de material para as oficinas de asistencia en rexistro, á renovación de material informático a través da iniciativa Concellos Resilientes, e á adquisición e mellora de equipo para gravar e retransmitir as sesións plenarias.
O novo equipo para as oficinas de asistencia en rexistro inclúe dous PCs de sobremesa con doble pantalla, un PC all-in-one, dous escáneres de mesa e dúas tablets. Parte disto foi xa entregado o pasado día 13 de agosto, e o restante está previsto para esta semana.
A iniciativa Concellos Resilientes supón a chegada de 20 novos portátiles, 20 pantallas adicionais, 20 estacións de conexión que inclúen teclados e ratóns, 20 maletíns e 20 cascos.
O material para videoplenos, que mellora o sistema que xa viña empregando o Concello de Burela, inclúe microfonía e cámaras para gravar as sesións e un software que permite firmar a gravación, custodiala e facer un acta en base a ese video.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


