Lugo, 3 de setembro de 2024. Coincidindo cos preparativos para o inicio do curso escolar, a Rede Museística Provincial pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso 2024-2025, con multitude de propostas tanto presenciais como virtuais elaboradas a partir dos fondos do Museo Provincial de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Pazo de Tor.
O obxectivo da programación é achegar, un curso máis, o patrimonio conservado nos museos ao alumnado a través dun conxunto de actividades, deseñadas para cada etapa -infantil, primaria e secundaria – a partir da experiencia e da investigación educativa que se desenvolve nos museos provinciais
A deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Encarna Lago presentaron o catálogo de actividades no Pazo de Tor, coincidindo coa celebración dun obradoiro “En tempo presente” no que profesionais de museos compartiron e intercambiaron experiencia na xestión do tempo e na realización de proxectos.
Iria Castro subliñou “o importante traballo que realiza a Rede Museística ano tras ano para crear vínculos coa comunidade educativa e ofrecer propostas e materiais que relacionan as coleccións e espazos do museo coa súa propia vida e procesos de aprendizaxe, e que contribúen tamén a sensibilizar na conservación do patrimonio e da memoria”.
A xerente da Rede Museística Encarna Lago destacou que se trata dunha planificación baseada “na innovación educativa” que afonda na idea dun “museo educador, que fomente a aprendizaxe integral e impulse o pensamento crítico e a investigación”.
A programación artéllase arredor de catro eixos temáticos – recuperación de historias esquecidas, fomento da igualdade, dereitos culturais e migración – e inclúe distintos itinerarios e obradoiros para visitas presenciais ou virtuais aos distintos museos da rede ao longo do ano, en función das etapas educativas.
Algunhas das propostas fórmulanse a partir de “caixas de aprendizaxe”, que inclúen recursos e contidos elaborados pola Rede Museística para que o profesorado poida empregar na aula como ferramenta flexible, multidisciplinar e transversar para traballar a educacion en valores a través das coleccións dos museos.
O catálogo completo pode consultarse na web www.comunidadermpl.es. Poden realizarse consultas e concertacións no enderezo electrónico concertacionsrmp@gmail.com e no teléfono 982 242 112.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



