Foz, 7 de setembro de 2024. As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño atenderon desde xuño ata agosto deste ano a mil persoas máis con respecto ao verán anterior.
A concelleira de Turismo, Kathy Navarro, destaca que “ano tras ano o concello de Foz ve en claro aumento as súas cifras de turismo, atraídos polas impresionantes praias e tamén polo patrimonio histórico e a oferta cultural”.
Kathy Navarro especifica que “sigue liderando o turismo nacional, que supón un 87 por cento dos visitantes achegados a estes centros, fronte ao 12% do turismo internacional. No turismo nacional Madrid segue encabezando a lista da porcentaxe de visitantes que se achegan en verán, seguida de Galicia e Asturias, que van incrementando a súa presenza no concello. Tamén aumentan os turistas de Castela e León e en menor medida pero presentes están os visitantes do País Vasco. En canto aos estranxeiros sen dúbida a maior procedencia é de Francia, cun 45 por cento, fronte a Inglaterra, Italia e Portugal, que teñen presenza pero en menor medida, cun 12% de media cada un. O índice de pernoitas nos aloxamentos turísticos roza o 100% e continúan en aumento os visitantes do sur da península, debido as diferenzas nas temperaturas. Os turistas achéganse aos puntos de información do Concello de Foz en busca de información sobre Foz, A Mariña, rutas, aloxamentos, restaurantes e actividades de ocio”.
E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, fai un balance moi positivo dun sector que está a reactivar a economía do concello: “ano a ano estamos a medrar e temos que pensar tamén en sustentabilidade. O Concello está a facer un esforzo moi importante, xa que 28 profesionais contratados polo Concello reforzaron os servizos públicos, pero vemos que non é suficiente. Veciños e visitantes trasládannos que debemos acelerar na mellora e coidado das rúas, por iso estamos a programar inversións que precisan de recursos”.
O rexedor municipal de Foz reclama que a Xunta de Galicia permita recadar ao Concello unha taxa turística, que “aportaría fondos para mellorar os servizos e que non só empadroados e propietarios sufraguen o que tamén desfrutan os visitantes. Concellos de toda España estano a facer e con éxito, pero en Galicia estamos vetados. Pasado o verán é momento de facer análise e reflexión, ver como debemos mellorar e tamén como facelo: precisamos as ferramentas”.
A ocupación hoteleira pero tamén outros datos invitan ao optimismo: “seguimos aumentando o número de empadroados, o cal é o dato máis positivo que un alcalde procura, aumentar a poboación que vive en Foz durante todo o ano. Vemos que se reactivan promocións inmobiliarias que estaban paradas e que se inician outras novas. En Foz hai dinamismo e debemos favorecelo e acompañalo. Necesitamos unha reflexión sobre a vivenda turística e como compatibilizala para favorecer alugueiros a prezos asequibles, tamén con vivenda pública. Pero con estes datos positivos os retos afróntanse con máis ilusión se cabe”, destaca Fran Cajoto.
Este domingo, día 8 de setembro, finalizará o servizo de vixilancia nas praias e o alcalde de Foz quere tamén destacar o esforzo de todo o persoal municipal durante o verán, tanto o de reforzo como os operarios habituais que retrasan incluso as súas vacacións para axudar no coidado do pobo. “Moitos traballan para que outros desfrutemos. Quero agradecer a tarefa de todos aqueles que desde as sete da mañá se encontraban limpando o que outros ensuciamos. No servizo de salvamento volvemos ter un verán sen incidencias graves grazas á profesionalidade de socorristas e auxiliares, que estiveron vixiantes especialmente coa aparición da carabela portuguesa nas nosas costas”, remata Cajoto.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



