O goberno local continúa traballando no acondicionamento de distintos puntos do municipio
Cariño, 10 de setembro, 2024. O Concello de Cariño realizou este luns, 10 de setembro, a última certificación da reparación dos filtros da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Ou Castro. Os filtros xa se atopan completamente rehabilitados e en funcionamento e a súa posta en marcha mellorou a problemática da auga no municipio, pois desde a súa instalación melloraron notablemente os parámetros que esixe Sanidade. De feito, os valores de metais descenderon de forma considerable.
Cabe lembrar que a Estación de Tratamento de Auga Potable de Cariño abastece de auga á zona do núcleo do municipio e á da parroquia da Pedra, motivo polo que o seu correcto funcionamento é unha das maiores preocupacións do goberno local, que traballa activamente para poñer unha solución canto antes ás diversas problemáticas xurdidas nos últimos tempos en relación á auga.
A alcaldesa do Concello, Ana María López, explicou que seguirán “trabajando para mejorar las instalaciones y las zonas de embalses, ya que hay mucho por hacer después de varias décadas sin un mantenimiento adecuado de esto”. En la misma línea, la regidora asegura que “se acometerán más actuaciones en los próximos meses para asegurar un buen abastecimiento de agua en los hogares de todos los vecinos y vecinas de Cariño”.
Máis actuacións de cara ao comezo do curso escolar
Esta certificación únese aos traballos realizados polo executivo local liderado por Ana María López noutros ámbitos, debido a que tamén se está traballando no acondicionamento das instalacións educativas do Concello. Nas últimas semanas realizáronse obras de mantemento no CEIP Fraga Iribarne, onde se arranxaron unhas gretas existentes nunha das paredes do colexio, e no Punto de Atención á Infancia municipal.




















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



