O goberno local busca con esta medida “evitar condutas incívicas e que as persoas depositen residuos fóra das instalacións”
Vilalba, 19 de setembro de 2024. O Concello de Vilalba finalizou no día de hoxe a instalación de tres novas cámaras de videovixilancia nas instalacións do punto limpo municipal, localizado no Polígono Sete Pontes.
Desta forma, o goberno local pretende “evitar condutas incívicas e que as persoas depositen residuos fóra das instalacións, o que ocasiona unha contaminación dos nosos espazos e notables incidencias no traballo diario do persoal do punto limpo”, explicou a alcaldesa, Marta Rouco.
Así mesmo, coa instalación das novas cámaras de videovixilancia dende o Concello de Vilalba buscan paliar os roubos recorrentes producidos nas últimas datas, de tal forma que os dispositivos de vixilancia cubriran tanto o perímetro interno das instalacións como a área mínima de acceso á entrada do punto limpo, tal e como establece a normativa.
Pola súa banda, dende o Concello de Vilalba lembran que o horario de atención ao público do punto limpo municipal é de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00. Ademais, o rural vilalbés conta co servizo do punto limpo móbil, que se despraza cada semana a unha parroquia distinta para que os veciños e veciñas poidan depositar os seus residuos e que se suma á recollida de plásticos que se realiza cada tres meses nos puntos de almacenamento establecidos en cada unha das parroquias.
OUTRAS ACTUACIÓNS
Esta inversión no punto limpo municipal súmase ás melloras acometidas no pasado mes de xaneiro para optimizar a xestión interna dos residuos e mellorar a eficiencia operativa, a sostibilidade, e a seguridade dos usuarios e usuarias.
En concreto leváronse a cabo unha serie de modificacións que supuxeron a compra e a colocación de 5 colectores de almacenamento de residuos perigosos, 2 colectores para o depósito de residuos téxtiles e 4 gaiolas destinadas ao almacenamento de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (RAEE).
Así mesmo, tamén se procedeu á ampliación da zona específica para o almacenamento de RAEE dunha superficie de 24 metros cadrados para optimizar o uso do Punto Limpo, procedendo ademais á impermeabilización desa superficie e da caseta xa existente, é dicir, unha área total impermeabilizada de aproximadamente 75 metros cadrados.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



