Candia clausurou a interparlamentaria ‘Por un Lugo mellor conectado’ na que participaron os grupos populares no Concello, na Deputación de Lugo, no Parlamento de Galicia, Congreso dos Deputados e Senado
Lugo, 21 de setembro de 2024. A presidenta provincial, Elena Candia, destacou que “Pedro Sánchez contradixo ao secretario xeral do PSdeG” en relación ao proxecto de Altri na reunión que mantivo co presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda. De feito, “díxolle o mesmo que fai dous anos, que non sabía porque Besteiro fixera as declaracións dos últimos días e que, incluso, animaba a presentar o proxecto ás distintas convocatorias de fondos europeos”. Polo tanto, “o PSOE queda en evidencia, non está aportando nada a Galicia e, dende logo, non está aportando nada a Lugo”. E, en xeral, sinalou que “o contido da reunión co presidente do Goberno foi algo decepcionante” ante a “falta de compromisos do Goberno de España con Galicia e Lugo”.
A popular fixo estas declaracións na clausura da reunión interparlamentaria celebrada este sábado na que os grupos populares no Concello, na Deputación de Lugo, no Parlamento de Galicia, no Congreso dos Deputados e no Senado analizaron asuntos de actualidade centrándose na materia de infraestruturas, marcaron as liñas de traballo para este curso político e reivindicaron “unha provincia de Lugo mellor conectada, con mellores infraestruturas e máis oportunidades -no ámbito industrial e social- para a provincia”.
De feito, entre os asuntos abordados atópase o “illamento” en materia de comunicacións viarias e ferroviarias -Lugo é a única provincia e capital de provincia galega que queda descolgada do AVE- e a falta de apoio a industrias que favorezan o desenvolvemento da provincia -coma Alcoa ou Altri- por parte do Goberno de Sánchez ou a “falta de proxecto de provincia” por parte do goberno bipartito da Deputación de Lugo” fronte ao modelo do anterior goberno do Partido Popular que “cambiou o desenvolvemento da provincia” da man do impulso ao Campus de Lugo ou á posta en valor da Ribeira Sacra.
Por outra banda, os populares destacaron a aposta da Xunta por Lugo “dirixindo á provincia nos seus orzamento o maior investimento por habitante”. Candia aclarou que “o Grupo Popular no Parlamento de Galicia está para facer propostas e tamén para defender o traballo da Xunta” e, nese sentido, lembraron “o cumprimento dos compromisos coa provincia” en materia de infraestruturas viarias e de mobilidade -en marcha as obras da intermodal, importantes investimentos en mantemento e conservación de estradas de competencia autonómica-, infraestruturas sanitarias – con varios centros de saúde en construción-, no ámbito da conciliación e as políticas sociais, e apoiando ao rural e ao mar – dúas áreas importantes para a provincia que dirixen dous conselleiros lucenses-.
CANDIA: “DA UNIDADE SAEN OS ÉXITOS”
Candia aproveitou para poñer en valor o traballo dos distintos grupos nas distintas institucións “acorde á representatividade que nos outorgaron os lucenses”, sen esquecer a “alcaldes, portavoces e concelleiros que defenden o noso proxecto político na provincia”. Así, convidou a “seguir traballando de forma coordinada, con rigor e compromiso. Da unidade saen os éxitos”.
MOBILIDADE URBANA
A mobilidade urbana na cidade de Lugo está, nestes momentos, comprometida polas obras de peonalización do centro que levan meses de atraso e afectan a residentes e comerciantes. e, en xeral, á vida diaria de tódolos lucenses. Neste momento “aínda non se sabe nada do modificado dos proxectos polo que os traballos van a ralentí á espera dos cambios que debe facer o goberno local. A falta de xestión e de planificación do goberno local, unha vez máis, repercute na mobilidade da cidade de Lugo e na economía local”, explicou o viceportavoz, Ramón Cabarcos.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



