A Mariña, 23 de setembro, 2024. Lucas Requejo, o galego que converteu a alimentación nunha ferramenta transformadora tanto a nivel individual como colectivo, estará presente no Food Design Festival 2024, onde achegará a súa visión innovadora sobre como a alimentación pode cambiar non só os nosos hábitos, senón tamén a nosa forma de vivir e entender o mundo.
Fundador e director de Prato DO desde 2011, Lucas soubo aproveitar a súa experiencia como arquitecto técnico para envorcar toda a súa creatividade no campo da alimentación. Para el, o alimento é moito máis que un recurso básico; é un catalizador de cambio social, cultural e ambiental. Desde os seus primeiros pasos, utilizou o seu talento para xerar proxectos que non só educan, senón que rexeneran territorios e fomentan a sustentabilidade a través de solucións alimentarias innovadoras.
Cunha traxectoria que abarca a investigación, a educación, o emprendemento e o deseño alimentario, Requejo liderou decenas de proxectos onde a alimentación convértese no eixo central para enfrontar os grandes desafíos globais. Desde o proxecto educativo Ultralimento, busca impulsar a educación alimentaria en colexios, conectando aos máis novos cunha alimentación consciente e sostible. Ademais, está comprometido coa rexeneración do sistema alimentario na Mariña, onde traballa para que este territorio sexa un modelo de referencia en desenvolvemento sostible desde o alimento para outros proxectos rurais ou territorios, todo baixo o marco da Metodoloxía Sapiens.
Lucas Requejo non só deseña escenarios posibles para o futuro da alimentación, tamén crea experiencias gastronómicas únicas onde alimento, territorio, etnografía, poesía e coñecemento entrelázanse. Cada unha das súas propostas é unha vivencia na que os comensais non só comen, senón que participan activamente dunha reflexión sobre a orixe e o futuro do que consomen.
Con Prato DO, a súa empresa social sen ánimo de lucro, traballou en proxectos que buscan mellorar a calidade de vida das persoas, promovendo a participación activa no desenvolvemento sostible e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Requejo e o seu equipo multidisciplinar han colaborado con entidades públicas e privadas, desde a Xunta de Galicia e universidades, ata asociacións de inclusión social e fundacións. O seu enfoque baseado na innovación e a economía circular foi clave para integrar comunidades rurais en procesos de rexeneración territorial e desenvolvemento sostible.
No Food Design Festival 2024, no panel sobre a transformación dos sistemas alimentarios o 25 de setembro ás 12:05, Lucas traerá consigo unha mestura única de creatividade, experiencia e compromiso social, onde a alimentación convértese nunha ferramenta de conexión entre o persoal e o comunitario, entre o pasado e o futuro. A súa capacidade para xerar impacto, non só na cociña, senón en todo o sistema alimentario, asegura que a súa presenza no festival será un dos momentos máis esperados.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



