Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024. A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, vén de solicitar información á Subdirección Xeral de Caladoiro Nacional e Aguas da Unión Europea, dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, sobre as medidas de xestión que afectan á raia mosaico e á sardiña co obxectivo de proporcionar as mellores solucións posibles para paliar situacións delicadas que afectan á viabilidade das frotas vencelladas ás citadas especies.
No escrito, a Xunta sinala que a resolución que establece a ordenación da pesqueira das raias mosaico establece topes de captura accesoria, sometida ademais á exención por alta supervivencia da obrigación de desembarque. Isto supón unha asignación de cota de raia mosaico para España de 10 toneladas para 2023 e de 15 toneladas para o 2024, polo que non resulta suficiente para cubrir as necesidades da frota.
Os citados stocks para o arrastre e palangre de fondo no caladoiro CNW se otorgan 5 Kg por buque, mentras que o arrastre de fondo do Golfo de Cádiz ten establecidos 10 kg. Unhas diferencias que non están xustificadas polo que o Goberno galego reclama ao Goberno central que se equiparen as posibilidades de pesca en ambas zonas. Ademais, a Administración autonómica tamén solicita información sobre a asignación da cota para fins científicos e a forma de reparto da mesma.
Transmisión temporais
Por outra banda, e respecto á sardiña, segundo o establecido no artígo 2 da Orden APA/315/2020, os barcos de cerco, racú e piobardeira do caladoiro CNW que obteñan cota desta especie desde o caladoiro do Golfo de Cádiz mediante o mecanismo de transmisións temporais de posibilidades de pesca, computarán as súas capturas de sardiña contra dita cota desde o momento da súa autorización. Neste senso, e co fin de realizar unha xestión adecuada da sardina ibérica na costa gallega, a Consellería do Mar solicita información sobre o número de trasmisións temporais realizadas do Golfo de Cádiz á frota gallega durante 2024, incluíndo a relación de barcos galegos poseedores de tales transmisións de pesca así como as cantidades transmitidas a cada buque.



















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



