Ribadeo, 24 de setembro, 2024. No pleno do martes 30 de xaneiro, o goberno municipal deulle o visto bo a un convenio coa asociación Lugo-Madera que supuxo a derrogación dunha ordenanza anterior que deu bos froitos ao longo dos distintos mandatos de goberno do BNG. Ben que insistimos en que, se non había garantías, poderíase producir a situación que agora se deu: camiños desfeitos e a veciñanza preocupada e indefensa. “Pero o señor Vega parecía máis interesado en quedar ben con alguén que en velar polos intereses de todas as veciñas e veciños de Ribadeo”.
O voceiro, Pablo Vizoso, lembrou en dito pleno que un aspecto fundamental da anterior ordenanza era que o aval que se esixía servía de garantía para disuadir a quen se puidera ver tentado a non prestar a debida atención ao estado dos camiños. E ao desaparecer ese aval, e verse todo reducido a unha chea de boas intencións sen garantías firmes de que se vaia respectar o estado dos camiños, “pois pasou o que pasou”.
“Ben que se lle advertiu ao equipo de goberno que isto podía pasar, pero o rexedor atacou frontalmente o noso voceiro e a nosa organización, negándose a ver a evidencia. E agora, por primeira vez na historia do Concello, suspéndense as cortas de madeira. E o alcalde dedícase a finxir un suposto enfado que tampouco o é ben do todo, pois cunha man advirte pero coa outra tempera gaitas para non quedar a mal con alguén. E de paso fálanos do tempo como se todo fose culpa de todo menos de quen ten a responsabilidade de manter os camiños en condicións: quen saca a madeira. E o alcalde, de velar por que iso se cumpra”.
“Cada vez con máis claridade, vaise vendo que imos tendo razón. Viuse agora con este tema, pero tamén se vai vendo día a día co gasto descontrolado que obriga a ir botando man de remanentes que estaban pensados para investimentos, non para gasto corrente. Ou tamén a pedir novos créditos. Pero o goberno municipal segue ao seu, a piñón fixo. Pode ter seguro a veciñanza que o BNG seguirá aí, fiscalizando o labor deste equipo de goberno e propoñendo alternativas”.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



