A portavoz, Mariña Gueimunde, explica que “os espazos verdes e as escaleiras da igrexa de San Francisco son de competencia do Concello” igual que o cemiterio de Viveiro “porque é municipal”
Viveiro, 3 de outubro de 2024. A portavoz do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, afea que “os membros do goberno municipal non saiban cales son as competencias e o patrimonio do Concello”. Así o manifesta atendendo á resposta da señora Míriam Bermúdez -tenente de alcaldesa do BNG- no último pleno a un rogo de XViveiro sobre a limpeza e desbroce do entorno da igrexa de San Francisco na que afirmaba que “nada tiña que ver co Concello e llo reclamasen ao clero para que cumpra coa ordenanza que se acaba de aprobar” ante a presenza da señora María Loureiro -alcaldesa polo PSOE- sen que “abrise a boca para corrixila”.
Gueimunde explica que “non hai máis que consultar o visor dos bens patrimoniais do noso Concello para ver que tanto as escaleiras coma os espazos verdes son municipais. É máis, alí están aloxados os servizos sociais do Concello”.
A popular sinala que “estamos cada vez peor e o que esiximos ao goberno local é un pouco de respecto”. E máis concretamente á señora tenente de alcaldesa pídenlle que “se poña as pilas” porque “fala de que sexa o clero o que se faga cargo dos desbroces e labores de mantemento do cemiterio, pero o de Viveiro é municipal. Hai outros que son parroquiais, pero o de Viveiro é competencia do Concello”.
“Se cre que non ten nada que ver co entorno da igrexa nin co cemiterio, a tenente de alcaldesa está afastada da realidade do noso Concello porque, gústalle máis ou gústelle menos, a nosa historia e o noso patrimonio está moi vinculado ao clero”, engade.
De feito, “non hai nada máis que ver que a nosa Semana Santa está declarada Festa de Interese Turístico Internacional”, conclúe.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



