Onde? Pode que te faga preguntar o titular. A nivel internacional, calquera negaría a afirmación referida último ano. Mais o título alude á petición, idea e querencia, dos asistentes ás convocatorias que se están levando a cabo en Ribadeo dende o comezo da invasión da Ucraína, e sen interrupción, os domingos, semana tras semana, dende o 7 de outubro do 2023 no que outra guerra veu tapar nos medios á anterior ‘defendida por occidente’.
Pode que o título a alguén lle faga lembrar os ‘”xxx” anos de paz’ que querían servir de propaganda franquista tras impoñer unha disciplina de paz, que non unha imposible paz imposta. Ou a ‘pax romana’, aquel período no que o imperio romano era tan poderoso que calquera conflito nas súas fronteiras ou interior podía ser ninguneado e os habitantes do imperio ter a sensación de paz. Pero non, non é iso. Non se trata de revivir unha nostalxia de impoñer a paz pola guerra… que ó fin e en teoría é o que se pretendería en calquera guerra que se poda nomear na actualidade. Por exemplo, no exterminio que comezou hai un ano, espoleado por Hamás e levado a cabo polo estado de Israel baixo o mando de Netanyahu. Nel, nese exemplo, cun exército israelí vitorioso, a paz está cada día máis lonxe.
Dito o dito, cando leas isto, xa se terá cumprido un ano de guerra en Palestina, se chamas sinxelamente guerra á destrución, asasinatos e xenocidio producido por e nas marxes de Israel e decretado polo ‘emperador’ Netanyahu co aparentemente incomprensible apoio dos USA, pero non tan só.
Xenocidio, intereses armamentísticos e de poder en xeral, necesidade de construír a paz empregando esa verba, paz, en troques de dicir ‘non á guerra’… foron algúns dos temas da última xuntanza pola paz que se mantivo en Ribadeo. Non se tratou a supervivencia propia no medio dun mundo en guerra… Claro que non é o mesmo falar desa supervivencia podendo volver a un fogar acomodado de Europa ou Norteamérica que se tiveras que retornar a outro de Gaza xa inexistente de xeito físico, ou ó límite en Sudán. Tampouco se falou de estados que, intereses mediante, son xuíz e parte, que ameazan a un dos contrincantes mentres piden contención ó outro despois de terlla pedido unhas cantas veces máis e ver outras tantas como é sobrepasado o límite da contención pedida. Non, non se falou dos Estados Unidos de América nese sentido, senón só como subministrador de armas ó tempo que lle piden ós máis que non as usen… Si, quedaron moitos temas, as guerras son complexas e nós, cidadáns sen tempo nin recursos para responder dun xeito adecuado. Sinxelamente, téntase.
Mentres, o mundo vai cambiando, e xa podes elixir á China como alternativa. Ó fin, ós poucos xa se foi situando como potencia á altura dos EE.UU.A. Non sabemos se van ser mellores ou peores como imperio. Non digo ‘bos’ ou ‘malos’, de pronto non son ‘demócratas’!. Haberá que experimentar, e mentres, tentar rular… Coma sempre.


















Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



