José Manuel Gómez Puente amósase abraiado porque o resto de grupos votasen en contra da proposta defendida polo PP no pleno do luns: “unicamente pedíamos que se mellorase a seguridade mentres Costas non realiza os arranxos necesarios na praia de San Bartolo e na praia do Acantilado”
Barreiros, 9 de outubro de 2024. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros son contundentes á hora de asegurar que “se sucede calquera tipo de accidente nos accesos ás praias de Barreiros, será o goberno local o que terá que responder ao ser unha competencia súa garantir a seguridade”.
O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, “non entende” como o resto de grupos votaron en contra da moción defendida polo PP no pleno do luns, que unicamente buscaba garantir a seguridade en San Bartolo e na praia do Acantilado.
A sorpresa no Grupo Municipal Popular vén derivada de que o goberno local do BNG “bota balóns fóra e mira cara outro lado” cando se lle pregunta polas medidas a tomar para garantir a seguridade na praia de San Bartolo, mentres Costas non soluciona os problemas neste punto, unha zona na que hai un risco para todos os veciños e turistas polo estado no que se atopa unha fosa existente na praia de San Bartolo, ao carón da escalinata central de baixada á mesma, na súa marxe dereita.
Trátase dunha fosa de aproximadamente tres metros de ancho e dez de profundidade, con perigo para a integridade física e mesmo á vida humana de veciños e visitantes. Ademais desta, hai outra, algo máis pequena, igualmente moi perigosa, ao pé dun paseo peonil, na zona detrás do Hotel-Restaurante Acantilado, e que a día de hoxe está sen valar nin sinalizar.
José Manuel Gómez Puente “ve moi preocupante” que o goberno local “non se tome en serio” a seguridade nestes puntos. “Cómpre colocar un valado seguro e firme para evitar que calquera poida acceder, en lugar de poñer elementos de plástico que calquera pode mover ou saltar con facilidade”, explicou.
Neste senso, Gómez Puente sinala que “no caso de que suceda calquera tipo de accidente, cousa que oxalá non suceda, pode que o Concello de Barreiros teña que asumir algún tipo de responsabilidade se consideran que a súa actitude foi irresponsable”.
COMISIÓN INFORMATIVA
José Manuel Gómez Puente non entende “como puideron tardar 15 meses” en convocar a comisión informativa “que levamos moito tempo defendendo dende o Grupo Popular”.
Unha situación que “é unha clara evidencia da nula preocupación pola seguridade da alcaldesa e do seu equipo de goberno”. “Xa está ben de escusas, o Concello ten que actuar e o mellor é facelo de inmediato xa que se perderon moitas semanas moi valiosas para atopar solucións”, lamentou.
A convocatoria desta comisión vén motivada pola insistencia do PP: “levamos moitos meses presentando mocións ao pleno e escritos no Concello de Barreiros, ademais de imaxes nas redes sociais, co fin de demostrar a falta de seguridade na zona e a necesidade de garantila”.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



