Burela, 19 de outubro, 2024. O conxunto masculino do Pescados Rubén Burela FS afronta o seu primeiro partido fóra de casa nada máis e nada menos que contra un dos rivais máis duros da categoría nesta 1ª división de futsal, o Movistar Inter, en Torrejón de Ardoz. Esta tarde ás 18.00h disputouse esta xornada 2 da tempada no Jorge Garbajosa cun valente Pescados Rubén Burela FS que resolveu o partido de forma impecable ante un rival moi complicado cun resultado final 2-3. Partido moi serio por parte dun Burela que xerou moitas ocasións, cunha defensa “espartana”.
Nunha primeira parte totalmente inesperada, os mariñáns recentemente ascendidos márcanse uns primeiros 20 minutos de 10, xerando ocasións, dominando o partido na maior parte do tempo e xerando un ritmo de xogo que sorprende aos locais facéndolles chegar á segunda parte en desvantaxe. Unha primeira parte na que o resultado final ben puido ser un 1-4, pero que se quedou nun 1-2 tras as boísimas intervencións tanto do noso muro Michal Kaluza como do porteiro rival, J. García. Abre o marcador o capitán do conxunto burelense, Isma, no minuto 2 nunha transición xunto a Rikelme e tras un fallo do porteiro ao que se lle escapa o balón das mans tras o disparo. Primeiros 10 minutos cun ritmo vertixinoso, no que se xeran ocasións en ambos campos, con boísima actuación de Michal Kaluza e unha defensa de luxo dos pupilos de David Rial e chega o 0-2 cun golazo de Malaguti que protexe de maneira impecable o balón e realiza un disparo cruzado que se coa na meta rival. Gran papel do pivote benaventino nesta xornada na que as rotacións foron escasas para o equipo burelense. Un minuto despois o Inter logra repoñerse e recortar distancias cun gol de Chaguinha que aproveita un rexeite dun disparo de Cecilio. Ritmo altísimo nesta primeira parte que se mantén con este marcador ata o descanso, cun Burela que expón moita condución e un xogo ofensivo moi serio que domina a maior parte desta primeira metade e gran parte da segunda, xerando máis oportunidades e moi claras qrue os locais, como un remate de Charly que salva J. García coa man no minuto 16, unha das ocasións máis claras do partido, ou outra boa man que salva Jesús nun saque de esquina que remata Rikelme e que ben puido ser o cuarto.
Sae o Movistar Inter animado e con enerxía na segunda parte, sabendo que conta cunha plantilla moito máis ampla e experimentada e esperando cansar a un rival que vai contar con moitas menos rotacións. No minuto 22 Bebe empata o encontro aproveitando un desaxuste na defensa do Burela nun pase de Drahovsky. Continúa sufrindo o Burela durante uns minutos, pero reponse no minuto 25 no que consegue dirixir ao rival á súa cancha e xerar máis ocasións e frear os momentos de perigo na súa propia área. No minuto 26 bo disparo de Isma que salva J. García tras un saque de esquina e a máis clara do partido, no minuto 31, un golpeo de Charly a pase de Quelle, que se estrela contra o pau e que ben puido ser o terceiro (ou o cuarto) dos mariñáns. Continúa a presión e as oportunidades por parte do Burela ante un Inter que non permite e aproveita os mínimos erros que puido xerar o rival durante os 40 minutos. No minuto 34 Drahovsky adianta o marcador nun momento de dominio claro do Pescados Rubén Burela FS, cun escuadrazo desde o punto de penalti tras un saque de esquina. Comeza a atacar de 5 o Pescados Rubén, con Malaguti de porteiro-xogador, no minuto 36, continuando coa presión e xerando ocasións pero fronte a un rival demasiado forte que frustra todos os intentos dun valente Burela que non perde o fol ata a bucina final.
A semana que vén o conxunto Burelense enfrontarase ao ATP Iluminacións Tudelano Ribeira Navarra FS en Vista Alegre ás 16.00h. Tras as boas sensacións de hoxe sabemos que será un Burela que comeza esta dura recta inicial da tempada con moita intensidade, seriedade e valentía, sempre cos pés na terra.
Ficha Técnica Movistar Inter 3-2 Pescados Rubén Burela FS
Movistar Inter (3): J. García; Lucão, Terry, Carlos Bartolomé, Bebe -quinteto inicial-, Cecilio, Chaguinha, Raúl Gómez, Pablo, J. Mínguez, Eloy de Pablos, Drahovsky, Gonzalo. Entrenador: Alberto Riquer.
Pescados Rubén Burela FS (2): M.Kaluza; Araya, Rikelme, Isma, Malaguti -quinteto inicial-, Quelle, Pitero, Charly, Juninho, Alberto, Meira.
Goles: 0-1, min. 1: Isma. 0-2, min. 9: Malaguti. 1-2, min. 10: Chaguinha. 2-2, min. 22: Bebe. 3-2, min. 33: Drahovsky.
Árbitros: Jesús Almeida, Alberto Carrión, Diego Sarasúa, Ana Sánchez.
TA: Alberto Riquer, Meira.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



