O presidente de Portos de Galicia mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa na que comunicou os avances na planificación do solo do peirao para ordenar a súa actividade e que exclúe a ponte da Misericordia e rampla anexa
Santiago, 23 de outubro de 2024. O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o inicio do trámite de información pública do documento de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) do porto de Viveiro, na Mariña lucense. Así llo comunicou o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, á alcaldesa de Viveiro nunha reunión de traballo para avaliar os proxectos do ente público para os portos viveirenses.
Co anuncio do DOG ábrese un prazo de dous meses para a presentación de alegacións por parte dos afectados por esta proposta que permite planificar a distribución do solo portuario en función da súa actividade, de cara a un crecemento ordenado do porto. Ademais, Portos de Galicia solicitou informes sectoriais ás distintas administracións competentes, entre elas a Capitanía Marítima, Costas do Estado Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte.
Tal como informou o presidente de Portos de Galicia á alcaldesa, a DEUP recolle a exclusión da zona portuaria da Ponte da Misericordia e a rampla anexa, tal como se deriva da propia transferencia de competencias sobre os portos do Estado á Xunta de Galicia dos anos 80. Deste xeito queda documentado tamén a través desta ferramenta que dita zona non pertence ao dominio público portuario.
Durante o encontro de traballo, o presidente de Portos trasladou á alcaldesa tamén as próximas actuacións previstas para os peiraos de Celeiro e Viveiro. Así, informou de que o ente público ten prevista a próxima substitución das luminarias de ambos portos por tecnoloxía LED con control telemático a través dun investimento de 120.000 euros. Así mesmo renovaranse os firmes e pavimentos de varios viais e a explanada portuaria cunha actuación orzamentada en 95.000 euros.
Finalmente, en relación aos terreos do Casino, o mandatario autonómico informou de que se están a explorar alternativas que permitan manter neles o uso portuario, de xeito que se manteña e mellore as actividades propias dun porto desta importancia.
Á espera de informe estatal para ampliar o dique
Xunto co anterior, durante a xuntanza o presidente de Portos de Galicia deu conta de que os Orzamentos da Xunta de cara ao 2025 recollen un investimento plurianual de 1,2 millóns de euros para o reforzo do dique de abrigo do porto de Celeiro. Porén, esta actuación atópase á espera, desde hai máis de dous anos, dos informes preceptivos de Costas do Estado para formalizar a adscrición, que permitirá o cambio de titularidade do terreo no que se executará a obra do Estado á comunidade autónoma; unha transferencia imprescindible para poder realizar os traballos necesarios para mellorar a seguridade das mulleres e homes do mar.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



