Ribadeo, 23 de outubro de 2024. O Concello de Ribadeo planifica as súas inversións para o ano 2025. Este foi un dos asuntos abordados no pleno extraordinario celebrado onte.
O alcalde, Dani Vega, falou de planificación e inversión cara ao 2025: “o que pretendemos desde o Concello é organizar as inversións para o ano 2025. Debe haber unha planificación e por iso aprobamos unha serie de actuacións no pleno da pasada noite para, por exemplo, adquirir o edificio de Casa Maseda e darlle un uso concreto como pode ser oficina de turismo”.
O rexedor dixo que “estamos nos primeiros pasos, estamos desde un punto de vista burocrático e administrativo, pero necesitábamos aprobar para ter esa cantidade orzamentaria de 110.000 euros para camiñar, para adquirir ese edificio, que evidentemente non está dando unha boa imaxe no medio do pobo, incluso corre risco de derrubarse a cuberta ante o mal estado no que se atopa, e polo tanto debemos dar un paso para que o Concello adquira un edificio no medio do pobo, nun punto estratéxico, e desde o logo darlle un uso importante”.
Melloras en rúas
Sobre as infraestruturas indicou que “tamén queremos actuar e así mellorar as infraestruturas da nosa vila. Hai moito tempo que non se leva a cabo unha planificación de inversión nas nosas vías de comunicación, nas nosas rúas e polo tanto debemos actuar, na rúa da Paz por exemplo, no casco vello, que está certamente abandonada, ou na rúa San Francisco, na Avenida de Galicia, debemos facer unha serie de actuacións, dado que hai puntos concretos que non se atopan en moi bo estado, ou na rúa Vilalba, no Barrio da Torre, na rúa Suso Peña e Alza-San Lázaro, ou na rúa Reinante e tamén en varias rúas en Rinlo”. E sinalou que “para incluso xestionar inversión e subvencións, debemos ter unha partida presupostaria municipal para poñer as porcentaxes. En moitas delas a Xunta pon o 75% ou o 80% e o restante debemos planificalo desde o Concello e por iso parécenos importantes ter unha partida destinada a rúas e así non ter que ir a outras partidas e despois ter problemas á hora de afrontar os pagos. Este primeiro presuposto que podemos dicir que é mais noso, mais deste goberno, creo que é importante a planificación á hora da inversión”.
Instalacións deportivas
Vega tamén se referiu ás instalacións deportivas: “sabemos perfectamente como se atopan. Non é nada novedoso como se atopa o pavillón que está situado na rúa Alfredo Deaño. Eu sempre digo que hai máis caldeiros aí que en todo o Ribadeo porque todo é unha goteira grande, todo é unha falta de mantemento durante moitos anos e converteuse nun pavillón que evidentemente non está nun bo estado. Necesitamos actuar aí, necesitamos tamén actuar no pavillón de Cubelas, tamén temos que actuar no Pepe Barrera, ir traballando para ter un campo de herba artificial, etc. Isto é un compromiso absoluto, por iso vamos a destinar 400.000 euros e, evidentemente, necesitamos a inversión das distintas administracións. Estou falando, por exemplo, da Xunta de Galicia ou da Deputación, ás que lles pedimos unha colaboración por cada proposta, poñer como mínimo o 40%. Así aforraríamos este orzamento de 400.000 euros, dado que tanto a Deputación como a Xunta colaboraría con cada proxecto que lle presentamos”.
Dani Vega agarda que “na Deputación nos reciba o deputado da Área de Deportes e na próxima semana teremos unha reunión co secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, co señor Lete. Creemos que vai haber unha resposta positiva e niso traballamos. Tamén actuar no auditorio municipal ou na praza de abastos, que o que estamos preparando é un proxecto para ir a unha subvención da Xunta de Galicia e así arranxar por completo edificio. Pero necesitamos un orzamento para o proxecto”.
O alcalde seguiu a relatar: “tamén vamos destinar orzamento a novos alumeados. Foi un pleno onde planificamos, onde presentamos unha proposta orzamentaria para xa tamén traballar nos presupostos do 2025. Xa estamos preparando eses presupostos. Hai que analizar perfectamente onde vamos actuar, onde vamos incidir e parécenos que hai que volver investir no social e tamén vamos apoiarás ás asociacións culturais e veciñais. Fan moito traballo e necesitan orzamento, necesitan o apoio do seu Concello. Foi un pleno, evidentemente, de analizar que vamos facer no próximo ano 2025, pero, sen lugar a dúbidas aprobar estas contas e planificar o ano 26 e o ano 27. A planificación non se faia a corto prazo, dende o noso punto de vista, senón que se marca un camiño, unha estratexia a largo prazo”.























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



