Barreiros, 15 de novembro de 2024. Este domingo, 17 de novembro, terá lugar a III Marcha de BTT organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros.
Trátase dunha proba deportiva non competitiva de bicicleta de montaña que discorre por pistas e sendeiros na contorna do concello de Barreiros. A ruta pasará por puntos moi fermosos como son a fraga do Santo Estevo do Ermo, o xacemento de A Roda e subirá aos cumios de Penabor e Comado.
A saída darase ás 9:30 horas desde a pista de Pádel en San Miguel de Reinante e as e os participantes deberán cubrir unha distancia de 34 km e 1.100 metros de desnivel positivo. Segundo sinalan desde a asociación organizadora, “Ao non ser unha proba competitiva, haberá variantes ben sinalizadas nos puntos de maior dificultade para que todo o mundo poida gozar da xornada sen verse limitado pola súa destreza ou condición física. Ao finalizar haberá duchas no campo de fútbol de As Valgas e logo un pincheo nos colexios vellos de San Miguel”.
O evento conta coa colaboración do Concello de Barreiros, da Deputación Provincial de Lugo, Vicepresidencia Segunda, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, de Proteccion Civil de Barreiros, Pinturas Centeno, Eroski Barreiros, Chatarras Jorge, Cerezo Bikes e do Iberia C.F.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



