Ribadeo, 21 de novembro de 2024. De torreznos e chiquitos por Ribadeo é a nova xornada gastronómica de Acisa para despedir o mes de novembro. Está organizada pola asociación en colaboración con Asoporcel, Celtagal e Azpilicueta. Nesta actividade participan 19 establecementos asociados a Acisa.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 29 de novembro ao 1 de decembro terá lugar De torreznos e chiquitos por Ribadeo, unha cita gastronómica na que participarán 19 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer algo moi tradicional e apetecible, un combinado de tapa de torreznos de porco celta e un chiquito de viño. Grazas á colaboración de Asoporcel e Celtagal puidemos desde Acisa organizar esta nova xornada. Celtagal facilítanos de forma gratuíta preto de 35 quilos de touciño de porco celta, que imos distribuír entre os locais participantes”.
Segundo lembrou o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “esta é unha actividade que hai bastantes anos xa fora un éxito, solo cos chiquitos, e agora quixemos recuperar ese formato e amplialo. Esta é xa a cuarta vez que desde Acisa regalamos materia prima para a celebración dunha actividade gastronómica entre os establecementos participantes, co que pretendemos deste xeito aforrarlles custes nas campañas que lles propoñemos. Aos 35 quilos de touciño, hai que engadir que de xeito gratuíto tamén se lles fai entrega a cada participante de 24 vasos de chiquitos de cristal e dunha botella magnum de Azpilicueta. Os establecementos participantes deben pasar a buscar o material por as oficinas de Acisa”.
Cruzado Iglesias declarou: “queremos agradecerlle a Asoporcel a súa colaboración para poder organizar esta cita; a Celtagal, que nos cede o produto de porco celta de xeito totalmente gratuíto; e a Azpilicueta, que nos dona tamén as botellas magnum das que gozarán os locais hostaleiros. Evidentemente o touciño que lles facilitamos é unha pequena cantidade do produto que ofrecerán, co obxectivo de animalos a participar e para aforrarlles algúns custes, tal e como aconteceu coas xornadas da lura, da pescada ou da xarda”.
A presidenta de Acisa manifestou que “nesta ocasión apostamos por un produto de proximidade, dunha empresa da comarca da Mariña, e por un produto de calidade como é o porco celta. Agardamos que a cita sexa un éxito para todos”.
Pérez Prada indicou: “como novidade, xa que habitualmente dende Acisa damos liberdade para cobrar o que considere cada negocio, nesta ocasión esta oferta de chiquito mais tapa de torreznos terá un prezo de 2,50 euros por persoa. O chiquito poderá ser tanto de viño tinto como de viño branco e cada negocio poderá escoller que viño ofrece”.
E engadiu: “isto marca unha clara liña de acción da nosa asociación para este tipo de eventos, que é procurar realizar actividades facilitando materia prima para os participantes, o que sen dúbida consideramos que é un valor engadido que Acisa ofrece aos seus establecementos e tamén pode ser un valor engadido para atraer a novos establecementos a formar parte do noso colectivo”.
Carmen Cruzado dixo que “son 19 establecementos, tanto de Ribadeo vila, do porto, como de Rinlo os que participan, co que deste xeito espallamos esta cita gastronómica polas parroquias nas que tamén temos asociados e asociadas de hostalería. Son: O Indiano, Café Bar Copacabana, Barallocas, Galipizza, La Solana, La Flor de Jose, El Rincón del Gordo, Mareta, A Menchina, O Lar de Manolo, Bar Queimada, La Bugalla, Ramonita, A Mirandilla, Costa Verde, Taberna Arrancadeira, Bar Galicia, Araucaria e Cayo Coco”.
A presidenta de Acisa declarou que “con estas xornadas o que queremos é botar unha man e axudar á dinamización do sector hostaleiro nesta datas que soen ser de menor actividade e ofrecendo así un fin de semana especial, que ademais coincide coa campaña comercial do BlackFriday. Deste xeito propoñemos unha alternativa aos ribadenses e á veciñanza doutras localidades da Mariña e do Occidente asturiano para vir a Ribadeo a desfrutar dunha proposta gastronómica diferente, que a todo o mundo lle gusta, e dunha fin de semana de compras. Agardamos desde Acisa que sexa unha fin de semana de moito movemento en Ribadeo”.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



