Nota de prensa:
Nunha iniciativa parlamentaria pide poñer en marcha un rexistro de terreos forestais de pastoreo regulado, impulsar acordos entre gandeiros e propietarios e promover cercados gandeiros para controlar a vexetación
O PPDEG SOLICITA MEDIDAS PARA CONTROLAR O GANDO SOLTO E ASÍ EVITAR ACCIDENTES DE TRÁFICO E DANOS NOS TERREOS AGRÍCOLAS
* Segundo a voceira de Montes do PPdeG, Emma Álvarez Chao, é preciso a regulación e o control do gando mostrenco na nosa Comunidade a fin de garantir o respecto á propiedade do monte e evitar os accidentes de tráfico que se ocasionan cando invaden as calzadas
* O Grupo Popular tamén pide instrumentar procedementos de defensa eficaz dos propietarios ante a presenza do gando en terreos privados e a súa marcaxe visible, ademais do microchip obrigatorio
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2010.- O PPdeG ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta de Galicia a promover medidas para regular o aproveitamento do monte para pasto e controlar o gando solto para evitar posibles accidentes e danos nos terreos agrícolas. Entre as medidas solicitadas polo Grupo Popular figuran poñer en marcha un rexistro de terreos forestais de pastoreo regulado, impulsar acordos entre gandeiros e propietarios así como promover cercados gandeiros para controlar a vexetación e garantir que o gando non invada zonas onde é prexudicial a súa presenza.
Segundo a voceira de Montes do PPdeG, Emma Álvarez Chao, acordo coa lei básica de montes o pastoreo é un aproveitamento forestal que é do propietario do monte, por iso “é preciso a regulación e o control do gando mostrenco da nosa Comunidade a fin de garantir o respecto e a propiedade do monte e evitar os accidentes de tráfico que se ocasionan cando invaden as calzadas”.
Álvarez Chao recorda que a superficie do monte en Galicia ocupa da orde de dous millóns de hectáreas, das cales unha terceira parte son de propiedade privada. “A presenza de gando solto no monte galego sen autorización dos donos forma parte da idiosincrasia do noso país, sendo frecuente que invadan calzadas chegando incluso a provocar accidentes e tamén as queixas dos donos de terreos agrícolas pretos ao monte, polos danos que ocasionan estes animais nas súas colleitas” indica a deputada popular.
Ante iso, a iniciativa popular tamén inclúe instrumentar procedementos de defensa eficaz dos propietarios ante a presenza deste gando sen autorización en terreos privados e obrigar aos donos de gando nos cercados á realización dun marcaxe visible, ademais do microchip obrigatorio.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



