A Fundación Expomar organiza a segunda edición do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense o vindeiro xoves 5 de decembro
Burela, 26 de novembro, 2024. A Fundación Expomar volve poñer en valor a importancia da cultura mariñeira de Burela coa celebración do segundo “Día do Orgullo Mariñeiro”, que volverá combinar o próximo xoves 5 de decembro a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar para chegar a tódolos públicos.
“Despois do éxito da primeira edición, este ano mantemos a mesma estrutura da xornada, pero engadindo a participación da hostalería de Burela para que a festa chegue cada vez a máis xente”, asegura a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.
“Orgullo Mariñeiro nas Escolas”
O día comezará de novo nos comedores escolares de oito colexios públicos da Mariña Lucense, onde máis de 700 nenos e nenas comerán ese día filetes de “Merluza de Burela” nos seus menús.
“Orgullo Mariñeiro na Memoria”
A segunda parte da xornada celebrarase pola tarde no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa charla-coloquio titulada “Mirando a popa e mirando a proa”, na que distintas personas vinculadas á historia do Mar de Burela falarán das súas experiencias (mariñeiros e as súas familias, ruleros, supervivintes de naufraxio, compradoras de peixe, estivadoras…).
Este acto público completarase coas intervencións da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, e do conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, que clausurará a xornada cultural.
“Orgullo Mariñeiro Musical”
A actuación musical do grupo “Medio Quiñón” servirá de enlace entre o acto no auditorio e a festa gastronómica, pois farán un pasarrúas desde a Casa da Cultura ata a carpa na Praza da Mariña.
“Orgullo Mariñeiro na Praza”
Alí, a partir das 8 da tarde, comezará a celebración gastronómica popular, con unha degustación gratuíta de receitas elaboradas con diferentes especies da lonxa de Burela.
“Orgullo Mariñeiro nos Bares”
Unha das grandes novidades deste ano é a colaboración da hostalería local a través de Acia Burela, pois 15 locais ofrecerán esa noite diferentes tapas e pratos de “Merluza de Burela”.
Esta acción está organizada pola Fundación Expomar coa colaboración do Concello de Burela, e cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



