Ata agora non entendíamos moi ben as actitudes dalgúns membros da oposición pero chegamos á conclusión que cando non hai traballo nin argumento crible, o único que lles queda é a mentira e a manipulación política. Iso dáselles bastante ben, debe ser que a practican moito. Detrás de cada decisión e de cada traballo deste goberno hai un intento de desprestixio. Claro que para manipular e desprestixiar hai que ter memoria e diso, segundo demostran, van xustiños.
Si se fai a poda, faise mal, e iso dino os “expertos” que cando a facían cometían auténticas barbaridades. Non hai máis que recordar a poda tan ben feita que fixeron no cemiterio, que tiveron que arrancar todo a causa das enfermidades que lles entraron. NUNCA MÁIS se acordaron de volver plantar e farémolo nós porque o abandono de vinte anos non só está nos edificios públicos, está en todo, e iso tamén inclúe as árbores.
Tampouco recordan o arboricidio que fixeron no colexio Gregorio Sanz cando se fixo o campo de herba artificial. Ó concelleiro de Medio Rural daquel momento non lle temblou o pulso en arrancar todo da feito sen ningún criterio técnico. Baseouse en que daban alerxia…a día de hoxe non sabemos a quén, pero daban alerxia… Ó mellor é que non podían convivir as árbores co campo de herba artificial…
Cando fixeron o carril bici ata o faro, tampouco lles temblou o pulso en arrancar o que atopaban ó seu paso… O mesmo pasou na Atalaia… e todo sen ningún tipo de informe técnico. No centro hai decenas de espazos onde as árbores foron morrendo e xamais foron sustituídas… Carai…!! Para estar tan afectados agora coas árbores que tivemos que sacar baixo criterios técnicos, moi arrepentidos teñen que estar, porque do contrario non entendemos tanta sensibilidade…
Nós tomamos en serio isto e sempre traballamos e actuamos baixo criterios técnicos, os cales se intentan desprestixiar meramente por intereses políticos. Alá cada quen coa súa conciencia, pero adiantamos que nós vamos seguir na mesma liña de traballo. Unha árbore danada e enferma que cause algún risco ou falta de seguridade vai ser eliminada porque si cae e pasa algo, entón si seríamos culpables ademais de irresponsables!! Unha árbore que, aínda estando ben, cause danos a algún edificio, tamén vai ser eliminada e replantada noutro lugar onde cause menos impacto. Non se fixo unha inversión dun millón de euros no colexio Gregorio Sanz para ter árbores pegados ó edificio causándolle danos e impedindo o paso de luz natural.
Que unha praza como era o caso da Praza de Pancho Maseda non teña accesibilidade, ¿qué máis da? Total, en vinte anos, excepto o Concello, non foron capaces de facer accesible ningún edificio público!!Iso non importa, o caso é a manipulación política e intentar desprestixiar a este goberno. Ai… qué errados están!!
Dicímolo con claridade, nós non vamos deixar manipular, vamos seguir traballando con criterios técnicos e cun goberno dedicado 100% a Ribadeo. Todas as podas e os traballos que se fixeron foi baixo un criterio técnico e xestionando orzamento doutras administracións para aforrar orzamento do Concello e vamos a seguir nesta liña, traballando arreo para defender os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.
Grupo Municipal Popular de Ribadeo























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



