Os populares reivindican unha “implicación real do Goberno de Sánchez nunha solución efectiva” para a planta que garanta o mantemento dos empregos: “non pode ser que esta situación de incerteza se manteña e arredor de 2.000 familias da Mariña sufran esta situación cada Nadal”
A Mariña, 7 de decembro de 2024. O PP condena, unha vez máis, “a falta de compromiso do Goberno de Sánchez” coa continuidade da actividade na planta de Alcoa na Mariña e o mantemento dos postos de traballo directos e indirectos tras anular a reunión da mesa de seguimento do acordo de viabilidade prevista para este luns 9 de decembro na que se debería tratar aspectos fundamentais sobre o futuro da factoría mariñá e que permitirían dar respostas aos traballadores.
A presidenta provincial e deputada no Parlamento de Galicia, Elena Candia, presidiu unha reunión na que participaron os senadores José Manuel Balseiro, Juan Serrano e José Manuel Barreiro, os deputados no Congreso Jaime De Olano e Cristina Abades, alcaldes e portavoces de concellos da comarca na que reivindicaron o cumprimento dos acordos no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados.
Os populares lamentaron “tanto as propias faltas de acción do Goberno de Sánchez que non está a cumprir o que promete como a falta de aclaracións nas respostas oficiais a preguntas dos senadores en relación a asuntos pendentes que contribuirían a garantir a viabilidade da planta e, polo tanto, á continuidade da súa actividade”.
Por unha banda, subliñaron que “a través das súas respostas recoñecen que a intención inicial do Goberno era que non participasen na mesa de seguimento ningún dos ministros implicados -Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e Industria e Turismo-; xa que explican que estará presidida pola Secretaria de Estado de Industria”. Neste sentido, lembran que “o presidente da Xunta manifestou a súa vontade de asistir para garantir que a reunión sexa do máximo nivel e forzar a asistencia tamén dos respectivos Ministros”.
En relación ás medidas para garantir un prezo da enerxía competitivo, que é un dos principais problemas desta industria como o propio Goberno recoñece nas súas respostas, “non podemos ser moi optimistas coa implicación do Goberno de Sánchez” toda vez que “resolveron fóra de prazo e, a pesar de que prometeron reverter a situación, seguen sen autorización os parques eólicos de competencia estatal” vinculados a contratos de longa duración (PPA) con Alcoa. “Recoñecen por escrito que, dende decembro do ano pasado no que caducaba o prazo, non fixeron nada por darlle solución”. É dicir, “desautorizaron as promesas do secretario xeral do PSOE galego”.
Sobre a modificación do estatuto para a industria electrointensiva, “tampouco aclaran dende o Executivo cando estará aprobado nin en que condicións”. Do mesmo xeito, “non explican porque non esgota os instrumentos públicos de apoio a esta industria” coma a mellora das ferramentas de interrompibilidade ou establecendo a compensación máxima por CO2 permitida pola UE.
“O Goberno de Sánchez di que incrementou nun 25% con respecto ao 2023 estas axudas ata os 300M€ no 2024, moi lonxe dos preto de 900 M€ que se corresponderían co 25% dos ingresos por dereitos de emisión de CO2 que permite a Directiva Europea. As axudas que pon enriba da mesa do Executivo estatal non alcanzan nin a metade do permitido”, censuran.
Por outra banda, “o Goberno de Sánchez evita en todo momento aceptar unha posible intervención temporal e instrumental no caso de que, unha vez facilitadas todas as medidas necesarias para garantir a viabilidade da planta, fora preciso para manter a súa actividade”, expoñen. Á vista de que “incluso o PSOE votou en contra deste punto no Parlamento de Galicia rompendo a unanimidade coa que foran aprobados todos os anteriores; non podemos ser optimistas”.
Candia subliñou o apoio por parte do Partido Popular impulsando iniciativas nas distintas cámaras para esixir ao Goberno de España medidas para garantir a viabilidade da fábrica e que resultaron aprobadas no Congreso dos Deputados e, máis recentemente, no Parlamento de Galicia. Pola contra, na Deputación de Lugo PSOE e BNG tampouco apoiaron as reivindicacións do Grupo Popular “a pesar de que coinciden coas demandas dos traballadores”.
A través das iniciativas aprobadas no Congreso dos Deputados e no Parlamento de Galicia, o Partido Popular esixe responsabilidades en relación ao incumprimento dos compromisos adquiridos no acordo de viabilidade”.
IMPLICACIÓN REAL DO GOBERNO PARA UNHA SOLUCIÓN
Os populares reivindican unha “implicación real do Goberno de Sánchez nunha solución real e efectiva que permita recuperar a actividade completa da planta en condicións de competitividade con respecto a outras industrias noutros países de Europa” e que, polo tanto, “se garantan os empregos directos e indirectos. Non pode ser que esta situación de incerteza se manteña no tempo e arredor de 2.000 familias da Mariña sufran esta situación cada Nadal”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



