Burela, 10 de decembro, 2024. Uns 40 alumnos de educación infantil e primaria do CEIP Castro de Ouro de Alfoz participaron este martes 10 de decembro na xornada divulgativa “Eu Como Peixe” impartida pola dietista Alba Vila en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu ciclo de visitas a colexios da Mariña.
Esta visita forma parte da serie de actividades dirixidas ao público infantil que se levan a cabo desde a OPP-7 Puerto de Burela, co obxectivo de achegalos ao mundo da pesca e o consumo de peixe; inclúese no seu plan de produción e comercialización e están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e FEMPA.
O secretario técnico de OPP-7, José Manuel Beltrán, saudou aos alumnos antes de dar paso a unha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola dietista Alba Vila, que, ademais dos seus centros en Burela e Foz, tamén coordina os menús dalgún colexio da zona.
Os pequenos amosáronse moi participativos durante a presentación, seguindo atentamente os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo as principais diferencias entre o peixe azul e o peixe branco.
No acto participaron uns 40 alumnos de educación infantil e primaria, de entre tres e oito anos, que ao final da charla recibiron unha mochila de regalo e que realizaron innumerables preguntas durante a charla.
Esta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



