O BNG propón un Plan Ulloa-Ulla-Arousa para revitalizar as comarcas afectadas, financiado cos 250 M€ de fondos europeos que o PP quere dar á compañía
Santiago de Compostela, 11 decembro 2024. A portavoz nacional, Ana Pontón, fixo dende Palas de Rei un chamamento a unha mobilización masiva na manifestación convocada para este domingo, día 15, en Santiago pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa co obxectivo de parar “a bomba ambiental de Altri que o PP quere colocar no corazón de Galiza”.
Para conseguilo, Pontón considerou “fundamental” encher as rúas cunha “marea de dignidade” que diga alto e claro que non se pode permitir a instalación dunha “macrocelulosa contaminante” que pon en risco o modo de vida dos galegos e das galegas, o territorio e o presente e futuro do País.
“Temos que saír a defender a dignidade de Galiza para dicir que nos importa máis a xente do rural, a xente do mar, que os intereses dunha multinacional que quere vir a contaminar o noso país”, afondou.
Nun acto desenvolvido no Castelo de Pambre xunto a alcaldes, responsables municipais e comarcais e deputados e deputadas do BNG, a portavoz nacional advertiu do risco que supón este megaproxecto contaminante para as comarcas afectadas, como a da Ulloa, cun “enorme potencial” no sector agrogandeiro, pero tamén no turístico.
“Todo isto está en risco porque vemos a un Partido Popular facendo de comercial de Altri e que quere poñer por diante dos intereses de Galiza os intereses dunha multinacional, colocando no corazón do rural unha celulosa que non queren en Portugal”, denunciou.
Neste sentido, considerou a aposta do PP “un modelo do pasado” e cualificou como “unha auténtica indignidade” que o Executivo de Alfonso Rueda lle queira entregar 250 millóns de euros públicos a unha empresa portuguesa “para que veña a contaminar o País”.
“Quero pedirlle ao señor Rueda que deixe de facer de comercial de Altri e que poña por diante os intereses dos galegos e das galegas”, reclamou Pontón, quen, fronte a ese modelo do pasado do PP, confrontou o “modelo de futuro” que defende o BNG.
Un modelo de futuro que, neste caso, pasa polo desenvolvemento dun Plan Ulloa-Ulla-Arousa para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico das comarcas afectadas pola macrocelulosa, un plan financiado con cargo aos 250 millóns de fondos europeos que o PP quere dar a Altri.
“Hai que facer, xustamente o contrario”, afirmou, para pedir que eses 250 millóns sexan destinados a “apoiar a xente que está creando riqueza na comarca”, aos sectores produtivos, ás pequenas e medianas empresas e a poñer en marcha proxectos transformadores que fixen poboación e que o fagan dunha maneira sustentable, enumerou.
A líder nacionalista avogou tamén por recuperar e rexenerar tanto o río Ulla como a ría de Arousa e pola posta en marcha dun novo modelo forestal que aposte por un monte multifuncional e pola transformación da madeira e non, recalcou, “por seguir convertendo Galiza nun megaeucaliptal”.
“Temos sectores produtivos que son moi importantes e temos que apoiar a nosa riqueza no rural e, para iso, é clave que freemos ese megaproxecto contaminante que o Partido Popular quere impoñernos no corazón do noso país”, concluíu.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



