A programación do Concello suma esta iniciativa destinada aos asistentes do baile de Nadal que se celebrará no Centro Cultural
Vilalba, 13 de decembro de 2024. A alcaldesa de Vilalba e concelleira de Servizos Sociais, Marta Rouco, vén de presentar unha nova iniciativa que se suma á programación de Nadal do Concello de Vilalba: o sorteo de dúas cestas o vindeiro domingo, día 22, no baile que se celebrará no Centro Cultural.
“As cestas de Nadal, doadas por unha empresa de Vilalba á que agradecemos a súa colaboración, sortearanse entre os asistentes ao baile do día 22 no Centro Cultural”, explicou a rexedora vilalbesa.
Nesa liña, o vindeiro domingo 22 de decembro, a Concellería de Servizos Sociais de Vilalba organiza un baile de Nadal no Centro Cultural de 17.00 a 20.00 horas, amenizado polo Dúo Venus.
“Para quen non se anime a bailar tamén haberá xogos de mesa, o importante é xuntarnos para gozar dunha tarde entretida”, salientou Marta Rouco, ao que engadiu que “ás persoas asistentes faráselles entrega dun número para participar no sorteo, que se realizará ao longo da tarde e no que teremos dous gañadores, un para cada cesta”.
Finalmente, a alcaldesa de Vilalba, quixo convidar a todos os veciños e veciñas “a que se acheguen o domingo 22 de decembro ao Centro Cultural para bailar, falar e, se a sorte cae do seu lado, levar para a súa casa unha cesta con produtos de Nadal para gozar destas datas”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



