Foz, a 13 de Decembre 2024. “Enterados da comparecencia diante dos medios de comunicación do Sr.Alcalde e Sra.Concellala de Asuntos Sociais de Foz para transmitir cambios na estructura de goberno actual e comentar aspectos da Residencia e Centro de Dia, una vez escoitados os seus audios, diante dos medios, queremos puntualizar e desmentir algunhas das manifestacions realizadas por amboslosdous respecto á Residencia e Centro de Dia”
“O Tribunal Administrativo de Contratación da Xunta comunicoulle ao Concello a Resolución pola cal desestima o Recurso plantexado pola empresa CK Senior Gestión S.L. (adxudicataria do Contrato) contra o Acordo do Pleno do Concello de Foz, o cal votou a favor da renuncia de contratación para a concesión dos Servicios de Residencia e Centro de Dia de Foz. Naquel Pleno o Grupo Socialista votou en contra, quedando en minoría, amparándose en que a solicitude de renuncia presentada polo BNG non estaba o suficientemente xustificada a pesar de terse presentado un Informe Xurídico dun letrado externo experto na materia, catedrático da Universidade da Coruña, que argumentaba solidamente que sí era legal”.
“O tribunal na súa Resolución, que esgota a vía administrativa, ven a desmentir as afirmacións do Sr.Alcalde que dicía constantemente que os motivos da renuncia eran contrarios á Lei e que non ía negociar nada que fose contrario á lei. Esta Resolución é fundamental tanto desde o punto de vista administrativo como xurídico, porque ven a darnos a razón aos que pensábamos que eran totalmente legais, como así o entende tamén o propio tribunal nesta Resolución”.
“Sobre as manifestacións realizadas en rolda de prensa diante dos medios de comunicación polo Sr.Alcalde e Concellala de Asuntos Sociais, desmentimos o seguinte”:
“Non é certo que os doscentos setenta mil euros (270.000,00€) que din ter para Axudas de Emerxencia Social sexa aplicable aos usuarios actuais da Residencia segundo xa lles trasladamos en multitude de ocasións. A maioría dos residentes (máis do 90%) non poden acceder a esas axudas tal e como está redactada a actual ordenanza, e que sistematicamente o Sr.Alcalde se negou a modificar para que paliase a suba de 700€ de media á que nin os usuarios por si mesmos nin as famílias podemos facerlle fronte de repente”.
“Non é certo o que di a Sra.,Concellala de Asuntos Sociais afirmando que as tarifas de residencias da provincia de Lugo son menores que as que pretendían implantar aquí en Foz. Como xa temos manifestado en diversas ocasións, as tarifas resultantes da licitación do contrato son as máis caras da nosa comarca, o que se pode demostrar feacientemente. Polo lo tanto, suxerimos que as comparativas que se manexen sexan veraces”.
“Neste sentido son aínda máis lamentables as declaracións que fixo esta señora ao comparar demagoxicamente o servizo do SAF co servizo da Residencia e Centro de Dia, como se os usuarios deste último entraran alí pola porta de atrás recibindo trato de favor e lles “crearan un prexuizo e unha situación de desigualdade” aos usuarios do Servicio a Domicilio. É un intento de enfrentar veciños e familias que non lle imos tolerar: esta señora e o Sr.Alcalde son coñecedores á perfección de que hai unha comisión de seguimento reglada no plego de claúsulas actual que controla as entradas e lista de agarda na Residencia e Centro de Día, procedemento que ten que contar coa sinatura do técnico municipal correspondente, da dirección da Residencia…e do Sr. Alcalde¡¡”.
“Que xeito mais incompetente e arrogante de asumir unha sentencia. Co fácil que é para un Alcalde levantar o tf e chamar a os afectados, para agora, amparados pola lei como lle diciamos, constituir unha mesa de negociación para acordar unha suba xusta e razoable e que redunde tamén en beneficio dos futuros usuarios, pois hai que ter en conta que existe unha lista de agarda moi numerosa e que cada vez vai ser un servizo mais demandado por as xubiladas e xubilados de Foz, os cales teñen preferencia sobre os demandantes de outros Concellos”, rematan desde a Plataforma.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



