Néstor Rego lamenta que a resposta da Secretaria de Estado de Industria sexa “moi inconcreta” e mesmo que non se posicione a respecto da intervención pública
Madrid, 14 de decembro de 2024. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, lamenta a falta de compromiso do Goberno do Estado a respecto da posíbel intervención pública da fábrica de Alcoa na Mariña. O BNG reclama á Secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, que Goberno e Xunta de Galiza “teñan a total disposición para a intervención pública”, tal e como aconteceu con Telefónica ou Celsa, para garantir a continuidade dos postos de traballo e a actividade nun sector estratéxico para a comarca da Mariña e para o resto do Estado.
Nos últimos cinco anos, o BNG vén desenvolvendo un labor intenso nas Cortes e ten levado en numerosas ocasións o caso de Alcoa, sempre tendo como obxectivo garantir a continuidade da actividade e o mantemento dos postos de traballo. “A empresa leva moito tempo en crise e o aluminio é un sector estratéxico para a Galiza. É a única planta de aluminio primario que queda no Estado” salienta o deputado do BNG durante a pregunta á Secretaria de Estado de Industria.
Ante o incumprimento de Alcoa do acordo asinado cos e coas traballadoras, Néstor Rego lamenta que “nin Goberno español nin a Xunta de Galiza está vixiando” para que a empresa cumpra o acordado. Alcoa, lembra o deputado do BNG, após diversas vicisitudes, mudou a folla de ruta e acaba de pechar un acordo con Ignis por 100 millóns de euros. Diante desta incerteza “que Goberno e Xunta prolongan” o BNG reclama “que haxa a total disposición de ambas administracións para a intervención pública”.
Non é a primeira vez que este Goberno, recorda Rego, aposta pola intervención en empresas que considera estratéxicas: “casos como o de Telefónica ou o de Celsa son recentes”. “Estamos a falar de algo fundamental para a comarca da Mariña e para o conxunto do noso País” destaca Rego.
A resposta da Secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, lonxe de responder a se o Goberno do Estado ten a disposición de apostar pola intervención pública, aínda que fose temporal, focalizouse en dicir que estaban explorando varias ferramentas e solucións e que esta sairía do consenso entre empresa, traballadores e traballadoras e administracións. “Estamos descridos de solucións que xa no seu día se puxeron enriba da mesa e non garantiron a continuidade da actividade nin dos postos de traballo” recrimina pola súa parte Néstor Rego.
Ante esta falta de compromiso e de posición do Goberno do Estado, o deputado nacionalista lamenta que o Goberno non contemple a intervención pública, tal e como si que fixo en casos anteriormente mencionados e comprométese a que o BNG seguirá traballando e centrar todos os esforzos en manter o emprego de Alcoa e a súa actividade.























Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



