As burelistas foron superiores a un voluntarioso conxunto manchego, pero non lograron sentenciar a eliminatoria ata o segundo tempo grazas á gran actuación da meta local Vera
Burela, 18 de decembro, 2024. O Burela FS cumpriu cos prognósticos derrotando a domicilio (0-4) ao Almagro FSF, de Segunda División, e estará na final a 8 da Copa da Raíña, que se celebrará entre o 2 e o 4 de maio de 2025 nunha sede aínda por determinar e onde buscará o seu sétimo título copeiro. As mariñás dominaron todo o encontro, pero tiveron que esperar á segunda parte para sentenciar grazas á gran actuación durante o primeiro período da porteira local Vera. Ourense Ontime, STV Roldán, Castro Bloques Cando, Torreblanca Melilla, Gran Canaria Teldeportivo, Poio Pescamar e MRB Móstoles son os outros equipos que loitarán polo título coas da Mariña na fase final.
As discípulas de Julio Delgado presentáronse en terras manchegas coa firme intención de non especular e decantar o partido do seu lado canto antes. Con todo, as paradas de Vera provocaron que as laranxas non anotasen o primeiro tanto ata o minuto 18 de xogo. Os primeiros intentos chegaron nos pés de Emilly, no primeiro minuto de xogo, e Dany, no quinto, nunha acción na que entre a gardameta local e Sofía Valero evitaban que o balón se coase na portería ciudadrealeña.
As encaixeiras responderon no minuto 6, nunha perda de Carolina Pedreira que finalizou cun disparo de Elena e a parada salvadora de Caridad, que volvería intervir á saída do córner posterior nun disparo de Rebeca Culebras. Foi un pequeno espellismo, xa que pronto regresaron as ocasións para as Pícaras, que volveron probar a Vera nunha dobre ocasión de Dany, con senllas paradas milagrosas; cun disparo de Patricia; unha volea de Emilly e outro remate afastado da brasileira na que a meta volvía meter as mans. Entremedias, Cris Lourés atopouse co pau nunha acción a balón parado. Pouco despois, xa no minuto 16 aparecía de novo a cancerbeira local para sacar un remate de Dinha tras unha boa deixada de Dany.
O primeiro tanto para as visitantes estaba merodeando e por fin chegaría no minuto 17, cando Carolina remataba a pracer no segundo pau un gran servizo de Dinha tras unha bonita parede con Patricia. As mariñás atopaban o premio ao seu dominio antes do descanso, pero a punto estiveron de irse con empate a vestiarios, xa que a dous segundos do intervalo era Caridad a que aparecía para frustrar un man a man de Elena. A de Sanlúcar ía moi ben abaixo para evitar o tanto almagreño.
No segundo tempo non cambiou demasiado a decoración, cun Burela FS dominador, aínda que si baixou moito o ritmo e as ocasións en ambas as porterías. Emilly atopábase co pau no segundo minuto da continuación e dous goles en apenas un minuto sentenciaban definitivamente a eliminatoria. May Moncayo metía o balón na súa propia portería no minuto 23, tras unha boa acción de Patricia pola á esquerda, e segundos máis tarde era Cami a que non perdoaba aproveitando un rexeite de Vera tras un disparo da futbolista yeclana.
Cun Almagro ao que xa lle custaba moito saír do seu propio campo, Dany tivo o cuarto no minuto 27, pero non puido concretar ante Vera e si o faría oito minutos máis tarde nun remate por baixo tras unha perda en primeira liña das encaixeiras. As de Ciudad Real probárono con Alba Peña como porteira-xogadora no últimos cinco minutos, pero apenas foron capaces de xerar perigo sobre o marco de Caridad.
Con este triunfo pon fin o conxunto feminino do Burela FS a un produtivo ano 2024 que pecha coa obtención dos títulos de Liga e Supercopa. O primeiro partido das de Julio Delgado en 2025 será o 4 de xaneiro nas Illas Canarias. Mediranse ao Gran Canaria Teldeportivo nun encontro pertencente á última xornada da primeira volta.
Ficha Técnica Almagro FSF 0-4 CD Burela FS
Almagro FSF (0): Vera; Ventoso, Rebeca Culebras, Sofía Valero, May Moncayo -quinteto inicial-, Alba Peña, Elena Dávila, Raquel Abellán, Elena, Eva Palma e Nerea (ps).
CD Burela FS (4): Caridad; Cami, Dinha, Emilly, Patricia -quinteto inicial-, Carolina Pedreira, Dany, Noelia Montoro, Cilene, Débora e Cris Lourés.
Goles: 0-1, min. 18: Dinha. 0-2, min. 23: May Moncayo (p.p.). 0-3, min. 24: Cami. 0-4, min. 35: Dany.
Árbitros: Alberto Carrión Álvarez e Noelia Gutiérrez Muñoz (Colexio de Castilla-La Mancha). Amoestaron á burelista Dany.
Incidencias: Encontro dos oitavos de final da Copa da Raíña disputado no pavillón Gemma Arenas de Almagro diante duns 600 espectadores. Nos prolegómenos do partido gardouse un minuto de silencio pola morte dun tío da xogadora local Elena Dávila.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.


