O Presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio de Bombeiros, José Tomé Roca, presidiu este xoves o Pleno no Pazo de San Marcos que lle deu o visto bo a estes acordos que reforzarán a calidade do servizo na provincia
Lugo, 19 de decembro de 2024. O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este xoves o Pleno desta entidade no que se aprobou o novo convenio colectivo e a relación de postos de traballo (RPT).
José Tomé Roca destacou a importancia destes acordos para reforzar a calidade do servizo e para recoñecer o labor que desenvolven os bombeiros na protección das persoas e dos seus bens fronte a incendios e outras emerxencias. O convenio será agora remitido a Autoridade Laboral e a RPT publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo para someter a exposición pública.
Recóllense medidas como a incorporación de 26 efectivos, aumento salarial, redución de 1642 horas, recoñecemento como persoal laboral fixo desde a data de subrogación 01/05/2019, melloras no equipamento e roupa de traballo, redúcese a mobilidade entre parques comarcais do persoal, axudas sociais ou a disposición de días de asuntos propios, entre outras melloras.
Ademais, o Pleno estableceu que o vindeiro xoves celebrarase unha nova reunión do Consorcio de Bombeiros co obxectivo de establecer un novo acordo sobre a retroactividade dos salarios durante o ano 2024. Este punto responde ao compromiso adquirido coas e cos traballadores no acordo asinado no pasado mes de febreiro, garantindo así que se cumpran os dereitos económicos pactados.
O Consorcio de Bombeiros da provincia de Lugo, conformado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50%, inclúe os parques de Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Chantada.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



