A mesa de contratación outorgou o contrato á empresa Desarrollos Constructivos de Támoga S.L.U. por un importe de 143.478 euros, quen previsiblemente comezará as obras no mes de xaneiro
Vilalba, 26 de decembro de 2024. O Concello de Vilalba vén de dar un paso definitivo para a futura apertura dun novo Punto de Atención á Infancia na primeira planta do edificio da praza de abastos tras a adxudicación das obras á empresa Desarrollos Constructivos de Támoga S.L.U. por un importe de 143.478 euros.
Deste xeito, “esperamos comezar as obras na maior brevidade posible, prevendo que xa en xaneiro dean comezo as primeiras actuacións”, asegurou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco, quen explicou que “no novo PAI ofreceranse arredor de 20 prazas para coidados, atención e ensinanza de crianzas entre 0 e 3 anos”.
Logo de que o Concello de Vilalba acadara unha subvención de 123.707 euros para poñer en marcha un novo Punto de Atención a Infancia (PAI) por parte da Xunta de Galicia e de aprobar o proxecto de obra en sesión plenaria, agora o goberno local vilalbés dá un paso definitivo para velo feito realidade.
No referido ás obras, a reforma céntrase nas actuacións necesarias para acondicionar un dos locais do edificio da praza de abastos ás esixencias normativas.
En primeiro lugar, levarase a cabo o derrube dalgúns elementos exteriores e de todos os elementos de distribución interior cos que conta actualmente o local. Posteriormente, levaranse a cabo diversas actuacións na fachada entre as que se atopan a apertura de novos ocos e a colocación de envolvente.
Pola súa banda, as obras tamén incluirán a colocación de tabiquería lixeira e a habilitación dunha nova zona de acceso que se completará coa nova distribución do espazo interior, de tipo aberto e diáfano. O local contará con cinco zonas diferenciadas: unha zona de gateo, outra de descanso, unha zona de hixiene, aseos e un espazo de preparación de alimentos dotado cos electrodomésticos básicos.
Finalmente, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, salientou que “con este paso ratificamos o compromiso do goberno local coa conciliación familiar, pois a apertura do PAI permitiranos ofrecer máis prazas para a atención da primeira infancia, onde as familias atopaban máis dificultades para conseguir coidados debido ás limitacións das dúas garderías coas que contamos no municipio”.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



