Esixen á Consellería de Sanidade e á Xerencia da Área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, que exerzan súas competencias e que empregue os recursos necesarios para garantir unha atención sanitaria de proximidade
Burela, 15 de xaneiro, 2025. CIG Saúde alerta do incesante desmantelamento do Hospital da Mariña. Si a finais do 2024 denunciaban a falta de Cardiólogos, Dixestólogos e Urólogos, hoxe alertan da demoledora situación na que se atopa o servizo de Medicina Interna coa súa capacidade reducida á metade.
Segundo a Central Nacionalista, o Hospital da Mariña debera estar dotado de cando menos 14 médicos especialistas en Medicina Interna para cubrir as necesidades dunha comarca con mais de 72.000 habitantes e poder ofertar un servizo de calidade cubrindo as seguintes necesidades:
1.-Dúas consultas diarias activas.
2.- Optimización do uso de antibióticos de pacientes ingresados
3.- Asistencia compartida con outras especialidades
4.- Hospital de Día de Medicina Interna
5.- Atender aos pacientes ingresados a seu cargo.
6.- Cubrir as gardas médicas da especialidade.
CONSECUENCIAS DA FALTA DE MÉDICOS INTERNISTAS
A central sindical explica que, a falta de especialistas en Medicina Interna que vén arrastrando de xeito constante este centro hospitalario, a data de hoxe 5 efectivos a xornada completa das 10 prazas dotadas, para atender urxencias, consultas externas e pacientes ingresados, sumado á alta ocupación de pacientes a cargo de Medicina Interna (superando os 60 pacientes ingresados en días pasados) e a sobrecarga xerada pola falta de facultativos do aparello dixestivo e de cardiólogos así como a falla de oncólogos que asuman pacientes ingresados, provoca:
– Que se incumpran os cocientes recomendábeis para ofertar unha atención de calidade (8 pacientes ingresados por especialista), chegando a ter asignados cada un dos especialistas ata 18 pacientes por quenda, unha cifra totalmente inadmisible que pon en risco a saúde tanto dos pacientes como dos propios profesionais.
– A desprogramación das consultas. Péchanse as dúas consultas de Medicina interna disparando os tempos de agarda para consultas, tanto primeiras como revisións, a cifras mais que preocupantes. Segundo os datos do primeiro semestre do 2024 publicados polo SERGAS, a media de espera no HULA ou en Monforte é de 10-15 días mentres en Burela a espera é de 4 meses, 121 días. Dos 248 pacientes de todo o SERGAS con esperas de entre 3 e 6 meses, 225 son da Mariña e, pacientes en todo o SERGAS con esperas de 6 a 12 meses, figuran rexistrados 187 os cales todos son da Mariña.
– Desprázanse pacientes da Mariña a consultas de Medicina Interna que son programadas no HULA.
– Derívanse ao HULA pacientes de Medicina Interna que requiren de ingreso
PACIENTES DA MARIÑA INGRESAN NO HULA POR FALTA DE INTERNISTAS
Dende CIG-Saúde denuncian novamente que, dende a semana pasada, estanse derivando cara ao Hospital de Lugo (HULA) pacientes de Medicina Interna que requiren de ingreso por que non se dota ao centro dos médicos internistas necesarios para asumir as necesidades asistenciais da comarca. Nos últimos meses, 6 internistas e 2 xeriatras abandonaron o hospital e, a día de hoxe, temos 5 internistas sen cubrir (unha a media xornada) e das dúas xeriatras nada se sabe.
A situación de abandono absoluto no que se atopa o Centro Hospitalario e a veciñanza da Mariña ten responsables. Tanto a Dirección do Hospital da Mariña como o Xerente da Área Sanitaria como o propio Conselleiro son responsables da DEMOLEDORA situación na que se atopa a Sanidade na Mariña. Dende CIG-Saúde non admitimos que estes xestores nos digan que “si a CIG sabe onde hai médicos que nolo digan” xa que son estes dirixentes os que cobran, e non pouco, por dotar do persoal necesario ao centro hospitalario. E tampouco admitimos que “isto non ten solución porque non hai médicos” xa que médicos si que os hai. O que acontece e que logo de vivir un tempo sobrecargadas de traballo e perder toda esperanza de que a situación mude dada a ineficiencia das Direccións da Mariña e de Lugo, escapan cara outros hospitais onde son mellor acollidas e lles ofertan condicións laborais mais atractivas. De aí que 6 Facultativas Internistas e 2 Xeriatras deixasen o hospital da Mariña nos últimos meses, sentencian dende a CIG.
“Dende a Central Nacionalista volvemos a berrar onde están os MAIS E MELLORES SERVIZOS que falsamente nos venderon. Este é o froito das políticas sanitarias do Partido Popular polas cales atopámonos con menos e peores servizos, máis derivacións e ingresos no HULA de pacientes da Mariña, máis listas de agarda e a imposibilidade de garantir una sanidade equitativa, digna e de proximidade a todas e todos os que vivimos na Mariña”.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


