Hai xa máis de trinta anos que tivo lugar o Congreso de Bandas Música Populares de Galiza en Ribadeo. Alí púxose branco sobre negro que as nosas bandas dan pulo á música do noso pobo. Á música nas nosas vilas. Pero tamén, unha formación á nosa xente, e non só musical, senón tamén humana.
Por suposto, en Ribadeo hai asociacións de moitos tipos. Por suposto, o clube de fútbol -quizais o tipo de asociación máis estendido na xeografía española-, de remo, náutico, e moitos outros clubs e asociacións de actividades diversas. Tamén no eido da música, onde cabe destacar a Coral Polifónica, que leva exercendo de xeito continuado abondo máis tempo que a asociación Amadores da Música, impulsora e o sostén legal, económico e organizativo da banda de música.
Céntrome na banda porque a coñezo máis, xa que no seu momento participei con ela como músico, a máis de ter apoiado na posta en marcha e funcionamento da asociación. Tamén no congreso citado tiven un relatorio -rematado de artellar de madrugada por falta da recepción de datos doutras bandas ate horas antes-, que se titulaba ‘As bandas dos músicos (I)’, no que comezaba a analizar a textura desas nosas bandas. Ben, a que podemos chamar ‘textura interna’, o tecido que constitúen os músicos. Un tecido básico, si, mais que necesita tamén dunha ‘textura externa’, que lle facilite as cousas á formación no seu funcionamento, que a acompañe e que ó fin, fai á banda realmente nosa, que a estende a toda a sociedade que a rodea, que fai que non sexa só dos músicos. No caso de Ribadeo, habería que citar a máis de Amadores da música no seu conxunto social, a persoas individuais, como Choupín, impulsor desta última etapa da banda que xa leva máis de tres decenios en funcionamento, Evaristo, que contribuíu a que a idea se fixese realidade, ou Hernán, primeiro director e alma mater da formación, pero que a máis, ate o seu falecemento, deu carácter á banda e teceu unha rede de contactos e desenvolvemento da que un cuarto de século despois segue a beneficiarse a formación.
Agora que se achega o 34 aniversario da presentación da banda ribadense, sexan estas verbas unha homenaxe. A esta banda no caso de Ribadeo, a estas bandas no caso de toda Galicia. Formacións que seguen con maior ou menor acerto, a ser artistas, berce de artistas e propagadoras da arte musical para todos nós. Iso, ó tempo que potencian a música na nosa terra, a música dos nosos músicos e a nós mesmos nesa faceta musical e humana.
Así banda, e Amadores da Música, son historia musical de Ribadeo, historia de Ribadeo e dos ribadenses. Nosa historia.















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



